Esta mañá Felipe Albrecht deixoume un comentario, nun correcto portugués, preguntándome en que idioma estaba este blogue. Non deixa de ser curioso, ata cómico 😀

Este blogue está escrito en galego. O galego é a lingua oficial de Galiza, nación ó norte de Portugal. O galego e o portugués son dialectos dunha mesma lingua. Por tanto, hai diferenzas entre as dúas variedades, pero mínimas. Un exemplo práctico. Eu vivo no norte de Galiza e non teño dificultade ningunha para entender o portugués do norte de Portugal. Mais, para entender o portugués do sur teño que “cambia-lo chip” ata me acostumar ó seu acento. Esta adaptación non dura máis duns cantos minutos.

Pregunta obrigada: se son a mesma lingua, por que hai tanta diferenza na escrita? Para escribir uso a normativa oficial do galego, a que me ensinaron na escola. Esta normativa caracterízase por usar as mesmas letras, signos de puntuación e regras que o castelán. É dicir, unha forma de separar artificialmente unha lingua unida oralmente. Existe outra normativa, non oficial, para a escrita do galego: os mínimos. Esta normativa caracterízase por usar a norma portuguesa, pero con diferenzas ínfimas. No 2003 fíxose unha pequena modificación á normativa oficial na que participaron lingüistas galegos e portugueses, pero o espírito da normativa segue a se-lo mesmo.

Así que, se alguén se extrañaba que puxera ligazóns á wikipedia en portugués antes que á española, xa sabe a razón 🙂

Cuestións para a miña refrexión persoal:

  1. Por que carallo uso a normativa oficial se estou tan en contra dela?
  2. Por que carallo uso as formas menos portuguesas da normativa oficial?

Artigos da wikipedia (en portugués) sobre o tema:

  1. Galaico-portugués
  2. Galego
  3. Portugués
  4. Reintegracionismo
  5. Galiza

5 Responses to “Isto do galego, que é?”

  1. 1 Fer

    Um dez pola entrada 😀 Porém, falta umha normativa que como é a da AGAL (http://agal-gz.org) que leva bem de tempo achegando propostas ao galego 😀

  2. 2 Juan

    Me choca que uses la terminología “Galiza” ya que los nacionalistas desean impulsar desde la Xunta la utilización de la denominación “Galicia” por el desuso y desgaste que está teniendo el término que tu usas. Sé que “Galiza” está permitido por la RAG; aunque aquí mismo también se apunta que es preferible el uso de “Galicia”. Aparte el PSOE frena la idea del BNG de usar «Galiza» en las publicaciones oficiales.

    Tal como ha aparecido en varios medios por una vez triunfa el criterio científico, lógico y lingüístico ante las cesiones políticas. El PSOE se opone al uso del término arcaico y en desuso “Galiza” para designar de forma oficial a la región gallega.

  3. 3 Xosé Otero

    Non tomo como mesías ós políticos. Se uso “Galiza” en vez de “Galicia” é porque segundo a modificación na normativa da RAG, se Galicia fose unha palabra calquera, sería Galiza.

  4. 4 xabier

    Así que, se alguén se extrañaba que puxera ligazóns á wikipedia en portugués antes que á española, xa sabe a razón 🙂

    E por que non usas ligazóns á Galipedia????????????????

  5. 5 Xosé Otero

    Sempre miro na galipedia primeiro, pero se non hai a entrada que preciso ou ten moi pouca información uso a versión en portugués. E, ás veces, se uso maioritariamente a portuguesa acabo por pór todas as ligazóns de aló 🙂


Categories

Calendario

Xuño 2007
M T W T F S S
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin