Temática

O tema principal de Cousas de xentiña é o Software Libre, é dicir, aquel que cumpre coas catro liberdades básicas:

  • Liberdade número 0: a liberdade de executar o programa, con calquera propósito.
  • Liberdade número 1: a liberdade para estudiar o seu funcionamento e adaptalo ás túas necesidades, unha condición a priori para isto é ter acceso ao código fonte.
  • Liberdade número 2: a liberdade para redistribuír copias e así poder axudar ao veciño.
  • Liberdade número 3: a liberdade para mellorar o programa e publicar as melloras, beneficiándose así toda a comunidade. Tamén é condición a priori para isto ter acceso ao código fonte.

O creador da idea de Software Libre é Richard Stallman. El definiu as catro liberdades básicas que definen ó Software Libre e o diferencian do Software Privativo. A razón pola que conta as liberdades empezando dende 0 é porque el é un informático e a maioría de linguaxes de programación contan o 0 como primeiro elemento.

Ademais deste tema, tamén se tratarán curiosidades ou, directamente, tonterías. A modo de terapia mental gratuíta do autor.

Autor

Chámome Xosé Otero, son de Fene, A Coruña e son un eterno estudiante de Informática.

Certificado de rexistro en Linux Counter

Levo usando GNU/Linux dende hai varios anos, máis ou menos polo 1998 fixen a primeira instalación na miña máquina. Algo despois convertiuse no único sistema operativo da miña máquina.

Antes tiña un número máis coqueto, pero ó crear esta páxina dinme de conta de que ó cambiar de dirección de correo electrónico non a actualicei en Linux Counter, co que perdín a conta :(.

Son o desenvolvedor de Python Sudoku que como se pode supoñer polo nome é un programa para crear/resolver sudokus programado en python, a miña linguaxe de programación preferida. Non me matei moito co nome, certo.


Categories

Calendario

Decembro 2016
M T W T F S S
« Mar    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
3K2 theme by Hakan Aydin