Simple World 1.0a1

Simple WorldSimple World 1.0a1 acaba de ser publicado. Podes obter esta versión na sección de descargas de SourceForge.net.

Como se trata da primeira versión de Simple World, esta versión débese considerar coma unha versión 0.1. A razón para ter un número de versión tan “alto” é porque cada versión de Simple World fai referenza a unha especificación concreata. Así, a versión 1.0a1 é a implementación de parte da funcionalidade proposta na especificación 1.0 de Simple World.

O Simple World Language (SWL) considérase completo, polo que non deberían haber cambios. O compilador (swlc) está totalmente implementado. Co cal, xa se poden escribir os primeiros bichos para Simple World. O decompilador (swld) está totalmente implementado. Posto que os bichos aínda non poden evolucionar en Simple World, o decompilador non é moi útil neste momento.

Os bichos introdúcense no Mundo en forma de ovos que co tempo se acaban convertindo en bichos. Os bichos nesta versión só se poden mover e obter información sobre o Mundo. Ademais, os bichos, aínda que consumen enerxía, nunca morren.

Creouse o primeiro bicho para Simple World: brainless. Este bicho fai movimentos aleatorios ata que detecta un elemento que o evite. Se o elemento é comida ou un ovo, brainless cómeo. Se o elemento é un bicho, brainless atácao. Despois de comer, se ten enerxía dabondo, brainless crea un ovo. Debido a algún erro no código SWL do propio bicho ou no código para a obtención de números pseudoaleatorios, brainless acaba nun estado no que se deixa de desprazar e só xira.


Categories

Calendario

Novembro 2007
M T W T F S S
« Ago   Dec »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin