GNU/Linux segue arrasando no TOP500

A finais da semana pasada publicouse a listaxe dos 500 supercomputadores máis rápidos do mundo. Como leva ocorrendo dende o 2004, GNU/Linux é o sistema operativo usado pola maioría dos supercomputadores máis rápidos do mundo, usándose no 85% dos supercomputadores listados.

Gráfica top500

Na gráfica da evolución do uso dos sistemas operativo na listaxe TOP500 pódese ver que sempre se empregaron maioritariamente sistemas tipo UNIX. En realidade, só os sistemas tipo UNIX chegaron a ter máis dun 10% do mercado. Ata o 2004 os UNIX comerciais foron os dominantes, pero neste ano GNU/Linux foi remprazándoos pouco a pouco.

MS Cluster Server

Como anécdota, teño que comentar que me chocou ve-la publicidade de MicroSoft Windows nesta páxina. Se miramos os datos da utilización deste sistema operativo na lista, vemos que só se emprega non 1.2% dos sistemas (6 de 500) e que anteriormente só alcanzara o 0.4% (2 de 500). Curioso cando menos 🙂


Vía OSnews.


Categories

Calendario

Novembro 2007
M T W T F S S
« Ago   Dec »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin