Onte publicouse a terceira versión da GNU Affero General Public License. Unha das novidades desta licenza é a compatibilidade coa GNU General Public License (versión 3), algo que a anterior versión da Affero non permitía. Os obxectivos desta licenza espóñense no seu preámbulo:

A GNU Affero General Public License é unha licenza copyleft para software e outros tipos de traballos, especialmente deseñada para asegura-la coperación coa comunidade no caso do software executado en servidores.

[…]

A licenza require que o operador do servidor de rede ofreza o código fonte da versión modificación que se estexa executando ós usuarios do servidor. Deste xeito, o uso público dunha versión modificada, nun servidor accesible públicamente, dá acceso público ó código fonte da versión modificada.

A GNU Affero General Public License pódese descargar nos seguintes formatos:


Categories

Calendario

Novembro 2007
M T W T F S S
« Ago   Dec »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin