Nos últimos días estanme vindo á cabeza un par de dúbidas sobre as próximas elecións ó parlamento e senado español. Supoño que non é unha problemática particular e que sucederá igual noutros sitios. Esta anotación pretende crear algo de polémica, coa intención de ver se alguén me pode explicar estas dúbidas e/ou convencerme do meu erro.

A primeira destas dúbidas refírese ó suposto anonimato do voto. Parece ser que hai 4 anos non fun votar, posto que me chegou unha carta do PSOE sobre a abscensión e o malo que é para as miñas ideas. Se o voto é anónimo, por que a abstención non o é? É evidente que durante as votacións hai que levar un rexistro da xente que xa votou, pero, que dereito teñen os partidos políticos para saber, 4 anos despois, se votei ou se deixei de votar?

A segunda dúbida refírese ó voto dos emigrantes/inmigrantes. Que dereito teñen os que viven fora do meu país en mandar sobre min? [0] É dicir, eles están a decidir sobre unha cuestión que non lles inflúe directamente. Sendo coherente, tamén estou a favor de que os inmigrante poidan votar dende o momento que xustifiquen que vaian pasar unha porcentaxe da próxima lexisdatura no país.

En resumo: Anonimato da abstención e Voto só para os afectados directamente.


[0] Atención á ironía: preocúpome porque manden sobre min con votos pero non fun votar 😉


2 Responses to “O que non entendo das elecións”

  1. 1 Dan

    Plataforma Pro-Anonimato da abstención Xa!!!

    Pode ser que a carta chegase por chegar, un erro burocrático e ti non te acordes de SÍ haber exercido o teu dereito; ou tamén pode ser que te teñan baixo vixilancia e a carta é un toque de atención de “ey, témoste collido polos collóns en cada movemento que fas, no o esquezas”… que medo!

  2. 2 Xosé Otero

    A verdade é que non recordo se votei ou non, pero si que podo recordar algunha razón persoal para non o facer. O caso é que a meus país non lles chegou nada e eles si que votaron.

    Sexa como sexa: Plataforma pro-anonimato da abstención xa!!!.


Categories

Calendario

Marzo 2008
M T W T F S S
« Xan   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin