O universo é plano

A misión do satélite WMAP deu os seus froitos. A NASA publicou onte a imaxe do primeiro universo visible[0] cunha definición nunca antes alcanzada. Xa se obteran imaxes co mesmo obxectivo, pero nunca de tanta calidade. Posiblemente, a imaxe máis bonita que se poida captar.

Universo

Nesta imaxe pódense ver que a materia non estaba uniformemente distribuída. Os puntos que tenden ó vermello son os puntos máis quentes, con máis materia, e os puntos que tenden ó azul son os máis fríos, con menos materia. Se o universo existe tal e como o coñecemos é grazas a esta distribución non uniforme. Se a materia estivese uniformemente distribuída a gravidade non a podería xuntar, polo que non existirían galaxias, estrelas, planetas, etc. A diferenza entre os puntos quentes e os puntos fríos da imaxe son 0,0002K. É dicir, a materia case que estaba uniformemente distribuída.

A WMAP, ademais, demostrou que o universo é plano. Este é un concepto que se me escapa e que me resulta moi pouco intuitivo. O caso é que o final do universo pódese saber a partires da súa forma. Que o universo sexa plano significa que se vai expandir indefinidamente. Este resultado é un pouco apocalíptico. Co tempo o universo irase apagando. Ó principio só será unha percepción: dende ningunha estrela se verá a luz de estrela algunha. Máis tarde será unha realidade: as últimas estrelas acabarán o seu combustible, hidróxeno e helio, e a materia estará tan dispersa que non se poderán crear novas estrelas. Ó final, cando todo volva a ser escuridade, coma no instante xustamente anterior á foto anterior, a materia estará tan separada que os átomos non poderán aguantar xuntos e desfaranse. En resumo: o universo ten un principio e un fin.

Star dust, all we are is star dust[1].

Máis información:


[0] Antes deste momento a materia estaba tan concentrada que os fotóns non se podían desplazar.
[1] Co “Dust in the wind” de Kansas de fondo.


Categories

Calendario

Marzo 2008
M T W T F S S
« Xan   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin