Bipartidismo 2 – Democracia 0

Esta foi a campaña electoral na que máis se ninguneou ós partidos minoritarios e como consecuencia tivo os resultados electorais máis bipartidistas da historia. Con respecto ás eleccións do 2004, a suma do PSOE e do PP aumentou en 10 escaños.

Nesta campaña electoral houbo tres grandes debates por televisión [0]. Houbo dous cara a cara entre os candidatos do PSOE e do PP, un ó principio de cada semana de campaña electoral, e un debate entre as outras 4 candidaturas con grupo propio no congreso (CiU, ER, PNV e IU), na segunda semana de campaña electoral. A diferenza de trato dos tres debates por parte dos medios foi brutal. Os dous primeiros foron esperados, publicitados e comentados ó máximo, mentres que o último ía comezar ás 24h. Con iso dise todo. O márquetin da os seus froitos, mellor dito, deunos na xornada de onte.

Pero os medios de comunicación non teñe toda a culpa. Seguramente o principal problema é que o noso sistema democrático é bipartidista dende a médula (método de Hondt). Nunha España plural, como se entende que non haxa representación proporcional no congreso? Como se xustifica a promoción dun sistema que intenta evita-la representación das minorías?

Agora enténdese mellor as palabras do Presidente en funcións “precisamos que haxa tensión“. Agora xa se sabe que quería dicir “precisamos que a xente pense no voto útil” ou “precisamos que aumente o bipartidismo“.


[0] A nivel galego houbo outro a tres bandas, pero non é comparable.


Categories

Calendario

Marzo 2008
M T W T F S S
« Xan   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin