Acabo de ler From BFS to ZFS: past, present, and future of file systems[0], un artigo, en inglés, moi interesante e entretido que merece ser recomendado. Trátanse de 8 páxinas coa historia dos sistemas de ficheiros que foron acompañando ós sistemas operativos máis importantes da historia. De cada sistema de ficheiros coméntanse as súas características diferenciadoras e as limitacións que tiñan.

O último parágrafo do artigo é un perfecto resumo do artigo:

Mentres que os sistemas de ficheiros poida que, en si, non parezan excitantes, a súa historia cóntanos a historia de como os ordenador e os sistemas operativos evolucionario cos anos. “Polas súas obras os coñeceremos” é certo tanto para as persoas coma para os sistemas de ficheiros. Coñecendo como garda o sistema un simple ficheiro, un pode chegar a vislumbrar as limitacións e aspiracións dos seus deseñadores.


[0] Vía OSNews.


4 Responses to “From BFS to ZFS: past, present, and future of file systems”

  1. 1 Dan

    Moi interesante o artigo, gracias por dar un toque e compartilo… Máis completo do que pensaba nun principio.

  2. 2 Xosé Otero

    A primeira páxina, onde fala de Linus Torvalds, é a máis frouxa. Pero despois hai un pedazo de artigo.

  3. 3 Suso

    Quero-lhe comentar que não estou para nada de acordo com o que expõe. Fazer um copy&paste fá-lo qualquer, não só citando um parágrafo de um texto se cria uma boa entrada. Tens o blog um pouco abandonado 🙁

  4. 4 Xosé Otero

    Home Suso… esta entrada pretendía ser unha ligazón a un artigo que me pareceu moi bo. Traducín ese parágrafo porque me pareceu que é o resumo perfecto do artigo e para intentar atraer a máis xente a ese artigo.


Categories

Calendario

Marzo 2008
M T W T F S S
« Xan   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin