Simple WorldAcabo de publicar Simple World 1.0a4. Tiña pensado que esta fose a beta 1, pero debido a que houbo máis cambios do que pensaba e que estes son incompatibles coas versións anteriores, decidín sacar unha cuarta versión alpha. Espero que agora sexa á definita…

Os cambios principais son:

  1. Novas instrucións para a CPU.
  2. Novos rexistros na CPU e renomeamento dalgún deles (sp, fp, cs).
  3. Cambios na base de datos.

O código fonte pódese descargar dende as seguintes ligazóns:

Xa me da medo dicilo… pero se non atopo nada estrano nos seguintes meses, non debería faltar moito para a primeira beta. Esta beta traerá, polo menos, un cambio na base de datos, pero teño pensado facer un programa que actualice a base de datos dunha versión para a máis nova así que non dará moitos problemas.

O ChangLog completo é este:

  1. Actualización á versión 2 da base de datos.
  2. Engadido o campo attack_multiplier (un multiplicador para a enerxía dos ataques) á táboa Environment.
  3. Elimación do campo energy_developed da táboa Environment posto que non se usaba.
  4. Engadido do rexistro fp (frame pointer) para axudar ós programadores a usar variables locais.
  5. Renomeado do rexistro itp a cs (control & status), que ten 16 bits para o itp.
  6. Renomeado do rexistro stp a sp.
  7. Engadida a directiva .ifndef para definiar un identificador so se non está definido.
  8. Permitir que as definicións se refiran a calquera cousa: un número, unha instrución, etc.
  9. Face-los saltos relativos ó pc.
  10. Engadidas as instrucións loadhi, callr, bz e bnz.
  11. Eliminadas as instrucións multlu, multlui, divu, divui, modu e modui por seren innecesarias.
  12. Cambio nas mutacións: rempraza-la permutación dunha palabra polo cambio dunha palabra.

3 Responses to “Simple World 1.0a4”

  1. 1 Dan

    Só un detalliño; ó final non deixaches o link para poder botarlle un vistazo ó código desta nova Alpha.

  2. 2 Xosé Otero

    Grazas, xa está correxido.

  1. 1 As primeiras mutacións en Simple World at Cousas de xentiña

Categories

Calendario

Abril 2008
M T W T F S S
« Mar   Mai »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  
3K2 theme by Hakan Aydin