Este domingo emitiuse un falso documental chamado Viva la república no que se reconstrue a historia  española partindo do feito de que o bando republicano gañara a Guerra Civil. O documental non pretende ser moi riguroso, pero aínda así, o tema da Segunda Guerra Mundial fíxome saltar.

Segundo o documental, o exército alemán invadiu a maior parte da península, pero foron parados en Andalucía grazas á axuda do exército británico. As cousas seguiron así ata que no 42 entrou na guerra Estados Unidos e as tres forzas reconquistaron o territorio invadido polos alemáns.

Na realización do documental contaron coa colaboración dun historiador, así que, o que segue débese considerar as trapalladas dun individuo interesado pola Segunda Guerra Mundial.

Antes de nada, uns cantos datos históricos:

  1. A invación de Polonia, suceso que deu comezo á Segunda Guerra Mundial, produciuse dende o 1 de setembro ata o 6 de outubro de 1939.
  2. A batalla de Francia produciuse dende o 10 de maio ata o 22 de xuño de 1940.
  3. A evacuación de Dunquerque do exército británico da europa ocidental produciuse dende o 26 de maio ata o 4 de xuño de 1940.
  4. A batalla de Inglaterra produciuse dende o 10 de xullo ata o 31 de outubro de 1940.
  5. O ataque a Pearl Harbor, detonante para a participación dos Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial, produciuse o 7 de decembro de 1941.

Con estes datos na cabeza, teño moitas dúbidas de que o exército republicano fose capaz de aguantar unha ofensiva do exército alemán. Para empezar, as invasións previas por parte do exército alemán foron invasións rapidísimas e dubido que o exército republicano fose netamente superior ó francés ou polaco. A invasión de Polonia, na que participaron da man Alemaña e a Unión Soviética, durou 5 semanas. A invasión de Francia, unha das potenzas gañadoras da Primeira Guerra Mundial, durou 6 semanas. Por outro lado, a república viría de 3 anos de Guerra Civil, polo que tamén dubido que contara cos recursos económicos suficientes.

Tamén dubido que o exército británico poidese axudar en algo a España posto que o Reino Unido xa tiña dabondo cos problemas propios. O exército británico xa fora derrotado polo alemán durante a batalla de Francia. Unha derrota tan contundente que na retirada tiveron que deixar nas costas de Dunquerque todo o armamento do que dispoñían. E aínda é máis, moitos consideran que as dúas semanas que hai dende o final da batalla de Francia e o inicio da Batalla de Inglaterra foron decisivas para que o Reino Unido poidese gaña-la batalla.

En resumo, un documental interesante e ata divertido, pero, na miña humilde opinión, con pouco rigor histórico nalgúns puntos.


3 Responses to ““Viva la república” e a Segunda Guerra Mundial”

  1. 1 Dan

    Pouco rigor historico? Qué rigor histórico pode ter algo que non sucedeu e se basa ? E como queixarse de que “Regreso al Futuro” ten pouco rigor científico polo seu “Condensador de Fluzo” ou una pornochada ten pouco guión…

    Válgame DIOS!!!!!

  2. 2 Xosé Otero

    Un falso documental é un xogo, atá ahí non teño problema, pero o xogo mental pode ter máis ou menos rigor histórico. A partires da premisa “que pasaría se a República gañase a Guerra Civil” pódese ser riguroso coas datas e potenciais bélicos dos diferentes exércitos ou inventarse todo.

    En realidade, esperábame máis de ti, Danieliño, coma por exemplo dicir que gañando a República a Guerra Civil o exército alemán tería menos confianza nas súas forzas propias e que iso provocase cambios de estratexias (e datas) nos sucesos da Segunda Guerra Mundial…

  3. 3 Dan

    Bla bla bla, blo blo blo 😀


Categories

Calendario

Abril 2008
M T W T F S S
« Mar   Mai »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  
3K2 theme by Hakan Aydin