FUD the Bill Gates sobre o software libre

Acabo de ver o último FUD que lanzou Bill Gates sobre o software libre[0][1] cando falaba sobre a industria farmacéutica (tradución un tanto libre):

“Existe o free software e despois tamén existe o open source“, suxire, facendo ver que Microsoft regala o seu software nos países en vías de desenvolvemento. Co open source, pola outra banda, “existe esa cousa chamada a GPL, coa que nós non estamos dacordo”. O open source, di, crea unha licenza “de tal xeito que ninguén pode mellora-lo software”, afirma, lamentando a oportunidade desperdiciada para o traballo e os negocios. El volve á analoxía das farmacéuticas: “Creo que se ti inventas medicamentos, deberías ser capaz de cobrar por eles”, di, engadindo mentres se encolle de ombreiros: “Iso podería parecer radical”.

Primeiro: Confunde, apropósito, sen dúbida, o significado de free software aproveitándose de que en inglés “free” significa “gratis” e “libre”. O free software é software libre, non gratuíto. Ademais, habería que matizar a afirmación de que Microsoft regala o seu software ós países en vías de desenvolvemento. Cando unha empresa de software privativo di que regala algo, o que nos está a ofrecer é a dependencia que en canto se dispoña de capital haberá que pagar. A típica táctica do camello que pretende aumenta-lo seu mercado.

Segundo: O software libre garinte que calquera poida mellora-lo software, forma parte da definición. O que eu non podo mellorar é o software privativo, do que non dispoño o código fonte. Isto, ademais de FUD, é absurdo.

Terceiro: O software libre véndese e con el as empresas poden facer bastante diñeiro. Que llo digan a Red Hat e a tantas outras…


[0] Via Slashdot.
[1] Definición de FUD.


Categories

Calendario

Abril 2008
M T W T F S S
« Mar   Mai »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  
3K2 theme by Hakan Aydin