Programar pode resultar moi duro. Nunha primeira fase, estás no paraíso e todo parece ir perfecto. Levas algún tempo pensando en como resolver un problema pero atopaches a solución óptima, eficaz e eficiente. Cu sorriso nos beizos empezas a implementa-la solución. Todo cambia cando chegamos ó primeiro imprevisto, que sempre chega e veñen en grupo. O que pensabas que era perfecto, resulta que non tiña en conta determinados efectos colaterais. Ó principio segues co sorriso, porque os problemas empezan dende o máis pequeno ata o que che quita definitivamente o sorriso da cara.

Despois de varias horas de contra ataques, o teu estado de ánimo empeza a non se-lo máis propicio para programar. O cabreo impide que penses con claridade. E se por iso non fora dabondo, por experienza sabes que non lle podes dar un puñetazo á pantalla, nin unha patada ó ordenador, nin tan sequera un manotazo contra a mesa. Ti es o culpable, o único culpable.

É nese momento cando todo programador precisa dun amigo que o anime, que o alente a seguir adiante. É ahí onde entra en escena SLOCCount. SLOCCount é un programa moi sinxe-lo que conta as liñas de código dun proxecto e calcula tanto o tempo estimado para o seu desenvolvemento coma o seu custe. O que fai a SLOCCount tan amigable para o programador é que ten unhas fórmulas para calcular estes datos moi optimistas.

A continuación varios exemplos dos resultados obtidos ó executar SLOCCount sobre varios proxectos.

Un simple “Ola mundo!” en python consta dunha única liña de código e SLOCCount valora o seu desenvolvemento en 19 dólares. Non está nada ma.

Total Physical Source Lines of Code (SLOC) = 1
Development Effort Estimate, Person-Years (Person-Months) = 0.00 (0.00)
Schedule Estimate, Years (Months) = 0.02 (0.22)
Estimated Average Number of Developers (Effort/Schedule) = 0.01
Total Estimated Cost to Develop = $ 19

Linux 2.6.25.4 consta de case 6 millóns de liñas de código e SLOCCount valora o seu desenvolvemento en 250 millóns de dólares e unha duración de 9 anos. Bueno, aquí prodúcese o efecto contrario, porque ó non ter en conta as liñas reescritas e só as finais, moito traballo intermedio non é valorado.

Total Physical Source Lines of Code (SLOC) = 5,913,850
Development Effort Estimate, Person-Years (Person-Months) = 1,825.97 (21,911.65)
Schedule Estimate, Years (Months) = 9.29 (111.53)
Estimated Average Number of Developers (Effort/Schedule) = 196.46
Total Estimated Cost to Develop = $ 246,663,815

E por último, Simple World consta dunhas 9 mil liñas de código e SLOCCount valora o seu desenvolvemento en 284 mill dólares e unha duración de 8 meses.

Total Physical Source Lines of Code (SLOC) = 9,413
Development Effort Estimate, Person-Years (Person-Months) = 2.11 (25.27)
Schedule Estimate, Years (Months) = 0.71 (8.53)
Estimated Average Number of Developers (Effort/Schedule) = 2.96
Total Estimated Cost to Develop = $ 284,483

Pois si, o meu querido amigo SLOCCount valora Simple World en case 300 mill dólares! Grazas. Con amigos coma ti da gusto programar! 🙂


2 Responses to “sloccount, o amigo de todo programador”

  1. 1 Dan

    Y el Ventanuco? Eh…. Ehhh…???? Ta faltao esa comparativa 😀

  2. 2 Xosé Otero

    Mira o resultado dun sistema operativo: SLOCCount Web for Debian Sarge. Resumo: 175.286.700.000$.


Categories

Calendario

Xuño 2008
M T W T F S S
« Mai   Set »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
3K2 theme by Hakan Aydin