Simple World 1.0b1

Simple WorldAcabo de publicar a primeira beta de Simple World -Anda cona, pero se o paisano este aínda andaba con iso…-. Só pasaron dous anos dende a anterior versión. En definitiva, o problema de quererlle chamar a algo beta en vez de alfa e tomarse en serio o que iso significa.

A novidade máis importante é que agora hai unha stdlib (biblioteca estándar) de SWL. Entre outras cousas hai implementadas varias estructuras de datos: pilas, listas, etc, un xester de memoria e un xester de interrupcións. Isto foi o que máis tempo me levou; case que 5000 liñas de código.

Outra novidade destacada é que agora se poden aceder a partes dunha palabra na vez de ter que aceder a toda a palabra. Por tanto, novas instrucións para aceder/modificar 16 (media palabra) e 8 (cuarta parte de palabra) bits.

En canto a novidades espectaculares, aínda nada. Nada de contorna gráfica; liña de comandos de toda a vida. Tampouco nada de bichiños novos. Pero, en principio agora é niso no que me poderei centrar ata a versión definitiva.

Ligazóns ó código fonte:

A lista completa de novidades completa:

  1. Engadida a stdlib (biblioteca estándar de SWL)
  2. Facer Simple World portable entre diferentes arquitecturas: big/little endian, 32/64 bits e varios UNIXes.
  3. Novas instrucións para aceder a 16 bits e 8 bits: loadh, loadhrr, loadhri, loadq, loadqrr, loadqri, storeh, storehrr, storehri, storeq, storeqrr and storeqri.
  4. Novas instructions para estender o signo de 16 bits e 8 bits a toda a palbra:: signh and signq.
  5. Renomeadas as instrucións multl e multli a mult e multi.
  6. Réstase o tamaño dos ovos ós pais.
  7. A CPU é menos resistente a erros cando se producen interrupcións que non pode administrar.
  8. O código dos bichos vellos pode mutar.
  9. Engadido o evento “mutation” que se envía cando o código do bicho muta.
  10. Os bichos perezosos, aqueles que non realizaron ningunha ación nos últimos ciclos, poden ser penalizados coa eliminación de parte da súa enerxía.

Categories

Calendario

Marzo 2010
M T W T F S S
« Dec    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin