Oda a ATI

Hoxe hai exactamente unha semana do gran BOOM no meu ordenador provocado por ATI.

Son usuario de GNU/Linux, xogador de Enemy Territory e lamentablemente posuidor dunha tarxeta gráfica ATI, e polo tanto, uso do seu driver privativo. Esta maravilla do software ten algún bug sen importancia:

  1. Non permite ter dúas X arrincadas ó mesmo tempo.
  2. Non se poden usar as consolas virtuais.
  3. De vez en cando (estou aprendendo a rezar) bloquéase ó pechar unha sesión das X.

Cando se bloquea provoca un hardlock: a máquina queda totalmente bloqueada. Se antes do bloqueo modificas algo no disco duro os cambios non se gardan (caché do linux).

O venres pasado despois de instalar un novo kernel pechei a sesión das X para reinicia-lo ordenador co novo kernel… recei un pouco pero non houbo sorte, ATI decidiu que era mellor que reiniciar dándolle ó botón. Ó reiniciar o vin un menú no grub valeiro, sen ningunha entrada. Empeceime a cabrear.

Ó instalar o novo kernel modificárase o menu.list do grub, pero o ficheiro non se chegou a gardar polo hardlock, deixando no seu lugar un ficheiro corrupto.
Ó reiniciar un CD live acabei atopando a partición /boot corrompida. Cabreo total.

O desenlace final acabou co señor Xosé sobreescribindo a táboa de particións do seu disco duro (dd if=/dev/zero of=/dev/sda ibs=512 count=1) e tendo que reinstalar todo 🙂 Un desastriño, pero podo xustificarme dicindo que eran as tantas do día e estaba nun estado de loucura moi pouco recomendable.

Gracias ATI.
Gracias Software Privativo.
Firmado: un usuario do driver de ATI contento.


Categories

Calendario

Abril 2006
M T W T F S S
    Mai »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
3K2 theme by Hakan Aydin