Cousas de xentiña deixa de estar aloxado en blogger para mudar a Blogaliza, esta é a nova dirección de Cousas de xentiña. Hai varias razóns para este cambio. A idea tíñaa na cabeza dende hai algún tempo, pero foi ver que Calidonia xa estaba migrando o que me acabou de decidir.

A razón profunda do cambio é que Blogaliza emprega como software para os blogs WordPress que é software libre e está traducido ó galego. O software libre é o tema principal do blog e escribe en galego… vamos, por coherenza.

Despois de ter tomada a decisión, custoume menos dun día mover todos os contidos ó novo sitio. WordPress teng un sistema de importación que permite importar os contidos de distintos blogs, un deles blogger. Un par de clics despois os contidos xa estaban en Blogaliza. É moi moi moi sinxelo. As miñas reticencias previas para face-lo cambio era a perda de contido, de ter sabido antes que se podía importar tería cambiado antes.

Blogaliza ten vantaxes importantes con respecto a blogger:

  1. Podes crear temas. Por exemplo, se visitáde-la nova dirección do blog, veredes que á dereita aparecen temas coma “Software libre”, “Lingua”, etc.
  2. Podes crear “páxinas”. Físicamente son coma posts, pero non se arquivan e sempre están na portada nunha sección propia. Eu usareino para facer macro-post como o de xogos de software libre; teño creada unha páxina cun índice con ligazóns ós posts de cada xogo.
  3. Podes meter ligazóns con “Read the rest of this entry” (si, está en inglés, quedan un par de liñas por traducir). Con isto consegues unha potada máis vistosa, con post cativos.

Polo de agora só atopei unha desventaxa. Blogger permite subir imaxes e amosa-las no post coma imaxes en miniatura con ligazón á orixinal. Atopei unha solución moi sinxela: empregar flickr.


2 Responses to “Cousas de xentiña colle as maletas”

  1. 1 goretoxO

    PARABENS POLA MIGRACION EXITOSA!
    OS PROBLEMAS QUE TES COAS LINHAS QUE FALTAN POR TRADUCIR SONCHE COUSA (CREO) DO TEMA QUE ESTAS A EMPREGAR.
    E SOBRE O DAS FOTOS CATIVAS… POIS SI, A SOLUCION FLICKR VAI INSTALADA NA BLOGALIZA…

    BEMVIDO!

  2. 2 xoseotero

    Grazas!

    O texto de “Read the rest of this entry” vino sen traducir en varios temas, un deles o principal.

    E sobre as fotos… merda! Vira ó principio ese plugin, pero daquela non estaba pensando nas imaxes do meu post e cando tiven que usa-las imaxes esquecérame e metinas a man…


Categories

Calendario

Xuño 2006
M T W T F S S
« Mai   Xul »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin