PlanetPenguin Racer

PlanetPenguin RacerPlanetPenguin Racer é un xogo de carreiras protagonizado por Tux, a mascota de Linux. O obxectivo do xogo é baixar o máis rápido e collendo o maior número de peixes posibles por un monte cuverto de neve e xeo.

PlanetPenguin Racer está baseado na versión GPL de Tux Racer. Tux Racer foi un xogo mítico a principios da presente década por ser dos primeiros xogos para GNU/Linux en 3D. No 2001 o seu autor cambiou a licenza do xogo deixando de ser software libre. PlanetPenguin Racer parte da última versión GPL de Tux Racer seguindo o seu desenvolvemento dende ahí.

Climatoloxía
As carreiras pódense realizar con distinta visibilidade segundo estexa o ceo:

  1. Ceo despexado
  2. Ceo anubado
  3. De noite
  4. Á tardiña

Ademais, pode haber ou non vento.

Tipos de carreiras
Hai dous tipos de carreiras:

  1. Práctica: Podemos escolle-la pista e climatoloxía que queiramos.
  2. Evento: Cada torneo está composto por varias carreiras. Para gañar un torneo hai que gañar tódalas carreiras, completándoas nun tempo máximo e collendo un número determinado de peixes, empregando un número limitado de intentos.

Varios xogadores
Na versión actual non poden xogar varios xogadores, pero na versión 0.5 alpha empeza a haber código experimental para engadir esta funcionalidade. Cuestión de esperar.

Versión 0.3.1
Licenza GPL

Capturas de pantalla

ppracer-0
Empezando a carreira

ppracer-1
Correndo sobre a neve

ppracer-2
Correndo sobre o xeo

ppracer-3
Correndo á tardiña


Categories

Calendario

Xuño 2006
M T W T F S S
« Mai   Xul »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin