Logotipo de debianA versión oficial de python en debian, neste momento, é aínda a versión 2.3, pero en breve será a 2.4, a última versión desta linguaxe de programación.

A principios de xuño cambiouse o Debian Python Policy para automatizar que un módulo poida ser empregado por distintas versións de python. Na actualidade en debian pódense instalar as versión 2.3 e 2.4, pero en breve sairá a versión 2.5 da que xa existe a primeira beta e tamén estará dispoñible.

Para facer posible este automatismo úsanse dous sistemas distintos:

  1. python-support: Só serve para módulos puros, é dicir, que conteñan unicamente código en python. Os módulos en vez de se instalar nos directorios normais instálanse nun directorio especial (/usr/share/python-support/PACKAGE) onde python-support se encarga de crea-los ficheiros compilados .pyc (bytecompile) e crear ligazóns deste directorio nas distintas versións de python.
  2. python-central: Serve para módulos puros e para extensións, é dicir, que conteñen código en C/C++. Os módulos instálanse nos directorios normails e python-central móveos a un directorio privado, compilándoos contra as distintas versións de python.

Ningún dos dous sistemas está recomendado sobre o outro, polo que os desenvolvedores de debian teñen liberdade para escoller un ou outro método para face-los pacotes debian.

Nesta última semana en sid estivéronse actualizando pacotes de python continuamente. Cando menos, os máis importantes xa están actualizados, así que, unha cambio de versión oficial é eminente.


Categories

Calendario

Xuño 2006
M T W T F S S
« Mai   Xul »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin