España saíu na páxina principal de Slashdot por unha nova que non vai de fútbol, todos aqueles que estexan depresivos pola eliminación en oitavos poden seguir lendo sen medo. A nova trata sobre a reforma da Lei de Propiedade Intelectual realizada polo governo central o 23 de xuño centrándose en que dende agora tódolos dispositivos capaces de facer copias de obras rexistradas con copyright terán un canon: CDs, DVDs, impresoras, escaners e móviles.

O interesante é ver como dende o outro lado do atlántico chegan a razoamentos similares ós realizados polos afectados de primeira man. Así, os comentarios xiran sobre as seguintes dúbidas e extrañezas:

  1. Como se reparte o diñeiro recaudado entre os posuidores do copyright?
  2. Cobrar o canon non significa a legalización da piratería?
  3. Que pasa se compramos estes soportes para un uso lícito (grabar software libre, por exemplo)?
  4. A recaudación por actuacións en directo seguen a aumentar ano tras ano.
  5. Este canon é a solución a un modelo de negozo que deixa de facer cartos.
  6. En USA, cun governo de dereitas, estase a facer unha política menos agresiva contra os cidadáns que en países europeos con governos de esquerdas (en Francia tamén aprobaron algo parecido, parece ser).

Categories

Calendario

Xuño 2006
M T W T F S S
« Mai   Xul »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin