hacker emblemUnha das máximas da programación é que nada ten por que ser o que parece agás as direccións físicas de memoria. Pero, debido a que tratar coas direccións de memoria (números) é difícil e propenso a erros, nas linguaxes de alto nivel empréganse nomes para facer referencia ás direccións de memoria. Isto introduce un problema de alto nivel: hai que diferenzar entre a forma e o contido. Así, unha función chamada “sumar” non ten porque facer unha suma. Outra das máximas da programación é que en calquera momento podemos petar cun erro, polo que hai que estar preparado para o imprevisible.

Como exempro un recente suceso persoal. Ata a versión 0.11 de Python Sudoku fora sacando versións de cada pouco, pero dende aquela pasou medio ano e aínda non dera sacado a seguinte versión. Había un erro no código que non daba atopado, e polo tanto, que non daba arranxado. Onte tiven un día inspirado, así que púxenme a mirar o código e… despois de varios minutos de moito pensar acabei eliminando unha función chamada fix (arranxar en inglés) e arranxouse o erro, principal atranco para a saída da versión 0.12.


2 Responses to “Falsas aparienzas na programil-sofía”

  1. 1 dan

    Isto quere decir que a versión 0.12 do PySDK xa está ó caer? 😀

  2. 2 xoseotero

    En canto me deixe SourceForge, levan dende esta noite con “Logins to SourceForge.net are currently disabled.”


Categories

Calendario

Xuño 2006
M T W T F S S
« Mai   Xul »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin