chuza! é un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico baseado en menéame.

Atopei este sitio hai dous días. Se non o coñecedes, non sei que esperades para visitalo!

Vin unha diferencia entre menéame e chuza! O primeiro usa direccións do tipo “http://meneame.net/story.php?id=NÚMERO” mentres que o segundo emprega URLs máis entendibles “http://chuza.org/historia/TÍTULO-NOTICIA/” pero tamén máis longas. A segunda forma é a empregada por digg.

Mirando a FAQ vin que non estaba dispoñible o código fonte, senón que se enlazaba co código fonte de menéame. Así que, fun ve-la licencia. menéame usa a Affero General Public License (OAGPL), unha modificación da GNU General Public License (GPL).

A OAGPL copia da GPL o seu efecto vírico:

2. b) You must cause any work that you distribute or publish, that in whole or in part contains or is derived from the Program or any part thereof, to be licensed as a whole at no charge to all third parties under the terms of this License.

A OAGPL, coma a futura terceira versión da GPL, di que se o programa se usa a través da rede, tamén hai que entregalas fontes:

2. d) If the Program as you received it is intended to interact with users through a computer network and if, in the version you received, any user interacting with the Program was given the opportunity to request transmission to that user of the Program’s complete source code, you must not remove that facility from your modified version of the Program or work based on the Program, and must offer an equivalent opportunity for all users interacting with your Program through a computer network to request immediate transmission by HTTP of the complete source code of your modified version or other derivative work.

Recordando os continuados comentarios de Ricardo Galli, autor de menéame, sobre a multitude de forks que non cumpren a licencia, envielle un e-mail a Berto, autor de chuza! sobre a ausencia do código fonte. En menos dunha hora, xa estaba dispoñible o código fonte 🙂 Non o publicara debido a que cría que podía ter erros de programación e demais inseguridades de calquera programador 🙂

Así que, dende onte, pódese obter o código fonte de chuza! Gracias Berto!


1 Response to “Código fonte de chuza! dispoñible”

  1. 1 tonio

    Uuuuum pois eu non o atopo, queria descargalo para xogar para aprender, pero agora a web a que redirecciona non encontro un enlace de descarga nin enlace a un cvs.

    Onde esta o código¿? onde estará o código…


Categories

Calendario

Abril 2006
M T W T F S S
    Mai »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
3K2 theme by Hakan Aydin