Este sábado no programa La rosa de los vientos de Onda Cero fíxose un versus entre Adolf Hitler e losif Stalin, protagonistas das Segunda Guerra Mundial. Juan Antonio Cebrián comentou dous datos curiosos sobre a infancia de cada un destes homes.

A avoa de Adolf Hitler quedeou embarazada cando traballaba como serventa para unha familia xudea. Ela nunca dixo quen era o pai. Dende as dúas frontes aproveitouse este feito para bombardear á poboación con propaganda para espallar o rumor de que Hitler tiña unha cuarta parte de sangue xudea. Segundo a wikipedia inglesa parece que este rumor quedou descartado, pero non deixaría de ser curioso que o odio de Hitler ós xudeus viñese provocado por un odio ó que el mesmo era.

Pola súa parte, losif Stalin pasou 5 anos nun seminario. Digo eu, non eran os comunistas os que queimaban as igrexas?


3 Responses to “Adolf Hitler xudeu e Iosif Stalin cura”

  1. 1 Seve

    A “Rosa de los Vientos” e similares non é que se caractericen pola veracidade/seriedade das súas informacións.

    Sobre o odio de Hitler ós xudeus hai varias versións. Unha delas di que proben do feito de que cando morre súa nai, quen a atendeu foi un medico xudeu. Coñecendo o amor que lle tiña a nai esta tese é plausible.

    Por outra banda, en “Mein Kamp” o propio Hitler admite que non empeza a odiar ós xudeus hasta que se traslada a Viena e os descubre como elementos estraños e diferentes ós alemáns. Influenciado por publicacións antisemitas da época ve neles un inimigo que pretende dominar ó pobo xermánico. Eso non impide que no seu período Vienés, sexa un xudeu quen se encargue de vender as súas acuarelas por un tempo.

    Outra cousa que pretenderá ocultar é que unha das condecoracións obtidas na IWW é grazas a un informe dun mando do exercito alemán xudeu. Eu creo que o factor máis importante son as 3 semanas (creo que son tres) que pasa internado e cego nas que Alemaña se desmorona e perde a guerra orixinándose a tese da puñalada nas costas (referidas as folgas que paralizan o país) que el e moitos outros alemáns, sobre todo no exercito, acusan ós xudeus.

    Sobre Stalin direi que eu teño un coñecido que estivo nun seminario e se puidera, voaríao polos aires.

  2. 2 xoseotero

    Home, non tomes o post moi en serio, por algo está en “Humor” 🙂 Só foron dous datos que me pareceron curiosos ó oílos.

    A “Rosa de los vientos” é un programa de divulgación. Compre o obxectivo de introducir á xente na historia, aínda que sexa mediante algunhas licenzas, como o de supoñer o que pensan as persoaxes históricas. Depois sempre podes ir a fontes máis serias. Por outra parte, Cebrián é un periodista, non un historiador.

    Moi interesantes algunhas das razóns que das para o odio de Hitler ós xudeus. As dúas últimas non as oíra.

  3. 3 Seve

    Lembro telas lido ou en “Hitler” de Joachim Fest ou en “El último día de Adolf Hitler” de David Solar. O de Fest é moi recomendable, o filme “El Hundimiento” está basado na última parte deste libro xunto coas notas da secretaria de Hitler.

    Eu tamen escoito en ocasións “la Rosa de los Vientos”, algún domingo noite principalmente. Cebrian non está mal, ten un par de libros moi interesantes pero Cardeñosa …


Categories

Calendario

Xullo 2006
M T W T F S S
« Xuñ   Ago »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin