gnuCando se cambia a licenza dun programa é necesario que tódolos seus autores den o seu consentemento. En proxectos de software libre grandes é normal que haxa moitos desenvolvedores que contribúen código de forma habitual ou puntual, co que, primeiro pode ser difícil atopalos a todos e segundo que se poñan dacordo no cambio de licenza. O código dos desenvolvedores non atopados ou que non estexan dacordo co cambio de licenza deberá ser reescrito.

Se miramos o código fonte da maioría de programas que teñen como licenza a GNU General Public License atoparemos este texto:

This program is free software; you can redistribute it and/or
modify it under the terms of the GNU General Public License
as published by the Free Software Foundation; either version 2
of the License, or (at your option) any later version.

This program is distributed in the hope that it will be useful,
but WITHOUT ANY WARRANTY; without even the implied warranty of
MERCHANTABILITY or FITNESS FOR A PARTICULAR PURPOSE.  See the
GNU General Public License for more details.

You should have received a copy of the GNU General Public License
along with this program; if not, write to the Free Software
Foundation, Inc., 51 Franklin Street, Fifth Floor, Boston, MA  02110-1301, USA.

Digo a maioría, e non todos, porque existe a posibilidade de forzar unha versión determinada (como fai linux coa versión 2) ou non mencionar versión algunha co que calquera podería ser válida. Pero, a forma recomendable é a citada máis arriba.

Este or any later version fai posible que cando saia a seguinte versión da GPL (a versión 3 está prevista para principios do ano que ven) se poida cambiar a licenza á nova versión automáticamente, sen necesidade de consultar ós desenvolvedores.


Categories

Calendario

Xullo 2006
M T W T F S S
« Xuñ   Ago »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin