Debian Etch 4.0

Logotipo de debianA nova versión estable de debian chamarase etch e terá como número de versión o 4.0. Está previsto que saia á luz o luns, 4 de decembro (deste ano ;)).

Os obxectivos da nova versión son:

  1. Compatibilidade con LSB 3.1
  2. Soporte de SELinux
  3. Soporte para ipv6
  4. Soporte para LFS (ficheiros grandes)
  5. Nova infrastructura de python
  6. Soporte para NFS v4

A versión de linux será posiblemente a 2.6.17 ou superior. A rama 2.4 non entrará en Etch.

En breve comezará a conxelación dos pacotes. Comezarase a finais deste mes coa conxelación dos pacotes esenciais e o kernel e rematarase a mediados de outubro coa conxelación total.

Esperemos que todo saia ben e se cumpran os prazos marcados.



Categories

Calendario

Xullo 2006
M T W T F S S
« Xuñ   Ago »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin