Un feito comprobable na programil-sofía

hacker emblemNa programil-sofía non todo son dogmas de fe ou falsas aparienzas, tamén hai feitos comprobables. Un destes feitos comprobables é que nun algoritmo a eficiencia en tempo está enfrontado coa eficiencia en espazo, é dicir, un algoritmo moi rápido ten que ocupar máis que un algoritmo lento.

Esta tarde leveime unha sorpresa ó me atopar co código dos programas máis curtos para resolver sudokus e ver que a versión en python só ocupaba 178 bytes, xa que o ficheiro sudoku.py de Python Sudoku ten 846 liñas :D.

Este era o momento idóneo para probar a regra exposta anteriormente. Despois de crear un sudoku de nivel sinxelo en Python Sudoku dispúxenme a medi-lo tempo que tardaba cada algoritmo en resolve-lo sudoku. Estes foron os resultados:

  • Python Sudoku: 0,303 segundos.
  • Shortest Sudoku Solver: pareino despois de máis de media hora de execución.

A verdade é que quedei moi aliviado ó ver este resultado, de ter un resultado moi distinto a este deberíame plantexar as miñas habilidades como programador.


Categories

Calendario

Xullo 2006
M T W T F S S
« Xuñ   Ago »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin