Glest 2.0

glestHai uns días que saíu a nova versión de glest, a ansiada 2.0! Alomenos esperada polos que xa coñeciamos este xogo.

Traducción da descripción de glest que se da na páxina:

Glest é un proxecto para facer un xogo de estratexia en tempo real 3d gratuito e totalmente personalizable.
Inclúe partidas dun xogador contra oponentes controlados pola CPU, dous faccións diferenciadas coas súas correspondentes árbores de tecnoloxía, unidades, edificios e varios mapas.

Descubrín o xogo xa hai algún tempo e quedei prendado del, é dunha beleza gráfica impresionante ademais dunha xogabilidade moi boa. Hai dúas faccións: os magos e os científicos (eu son pro-científicos porque teñen unidades máis vistosas). Coa versión 2.0 trae novas unidades que lle dan moita vida:

  • Unidades aéreas que aumentan as posibilidades dun ataque en grupo
  • Cabalos que chegan a calquera lado nun intre

Para GNU/linux non hai binarios nestes momentos, así que, a tirar do código fonte de glest e dos datos de glest necesarios. Para empeza-la compilación hai que convertir uns ficheiros dende o formato de MS-DOS no que están a formato UNIX:

cd glest_source_2.0.0/mk/linux
for i in `find ./`; do dos2unix $i; done

Capturas de pantalla


Categories

Calendario

Abril 2006
M T W T F S S
    Mai »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
3K2 theme by Hakan Aydin