Frets On Fire

Logotipo de Frets on FireFrets on Fire é un xogo que permite que saquemos o guitarrista heavy que levamos dentro.

Para xogar, ademais de ritmo e cordinación, só fai falla un teclado. A mecánica é moi sinxela: hai que ir tocando as notas xusto cando pasan por debaixo das teclas. A pesares desta sinxeleza, pode resultar moi adictivo.

Coma sempre, nada mellor que un vídeo vendo o xogo en funcionamento.

[gv data=”t5rANYBQvF0″ width=”425″ height=”350″][/gv]

Niveis de dificultade

Hai tres niveis de dificultade:

  1. Sinxelo: só se empregan as 4 primeiras teclas e non hai que presionar máis dunha tecla á vez.
  2. Normal: só se empregan as 4 primeiras teclas, pero podendo ter que presionar dúas teclas á vez.
  3. Difícil: empréganse as 5 teclas.

Mellores puntuacións

Hai a opción de subir á internet as mellores puntuacións de cada canción/dificultade. Se o facemos realmente ben, apareceremos no listaxe coas mellores puntuacións.

Máis cancións

O xogo só trae 3 cancións, para conseguir máis cancións existen dúas comunidades de usuarios que andan creando cancións:

  • Keyboards on Fire: Comunidade inglesa.
  • Frets on Fire Spain: Comunidade española moi activa (hai que rexistrarse). Ademais de cancións tamén fixeron a tradución ó castelán do xogo.

Información

Versión 1.0.192
Licenza GPL

Capturas de pantalla

115
Titorial

073 037
Xogando

087
Cambio de valoración


7 Responses to “Frets On Fire”

  1. 1 dAN

    En casos como este se nota en falta un periférico a modo de guitarra para conectarla al PC… Como complemento al juego, con licencia GPL, existe el Ultrastar (buscar por SourceForge) que no es más que un juego a la semejanza de SingStar siendo muy muy recomendable. De momento sólo está bajo sistemas Ventanuco, pero en HappyPenguin se están currando para portarlo a Linux.

  2. 2 xoseotero

    Probaches a colle-lo teclado como se ve na imaxe? Bueno, para min as teclas por defecto non son cómodas (salto entre o F4 e o F5), polo que cambiei as teclas a 1…5. Non se fai nada incómodo 🙂

    Para máis información sobre Ultrastar: http://carrodeguas.blogspot.com/2006/07/ultrastar-otra-forma-de-dar-la-nota.html

  3. 3 dan

    Sí, a verdade é que probei, pero cun Natural Keyboard coma o meu (partido) faiseme demasiado díficil 🙁

  4. 4 xoseotero

    Os rockeiros de verdade teñen teclados cun deseño de hai máis de 10 anos! Sae de ahí, aficionado! 😀

  5. 5 dan

    Por certo, existe unha comunidade deste xogo en español onde baixar novas cancións, mods, descargas e máis cousas previo rexistro. Deixo a web xa que estiven mirando e paréceme moi interesante para sacarlle aínda máis partido ó Frets on Fire: http://fofspain.tk3.net/

  6. 6 xoseotero

    Moi interesante esa ligazón. Hai unha cousa que non me gusta… en vez de subir todos as cancións ó mesmo sitio, andan dividindo a comunidade. Vamos, na páxina española hai moitas máis cancións que na inglesa.

    Engadín á entrada as ligazóns de onde conseguir máis cancións.

  7. 7 Dan

    Xa está dispoñible para a súa descarga a versión 1.0.225 do FOF a cal inclue a posibilidade de importar os temas do Guitar Hero, unha opción moi interesante para os pusuidores deste xogo.


Categories

Calendario

Agosto 2006
M T W T F S S
« Xul   Set »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
3K2 theme by Hakan Aydin