CIA é un sistema que monitoriza a actividade dos repositorios (CVS, Subversion, etc) de proxectos de código aberto en tempo real. Multitude de proxectos de código aberto, entre eles os máis importantes (KDE, GNOME, Gentoo Linux, FreeBSD, etc) empregan este servizo. Si, o nome do proxecto está moi ben elixido :).

Na páxina principal podemos ver os proxectos e programadores máis activos e máis novos. Nas páxinas específicas de cada proxecto pódese ve-la información do proxecto, así coma unha ligazón a un RSS para recibi-los cambios.

Calquera proxecto de código aberto pode aparecer nesta páxina, só hai que baixar un script e executalo cada vez que modificamos o repositorio.

Ligazóns


2 Responses to “CIA – O informador do código aberto”

  1. 1 dAN

    E CIA significa algo? Son as siglas de algo? Busquei na web (baixo FAQS, HOWTO, etc.) e non atopei nada; sonche moi curioso…

  2. 2 xoseotero

    Si que significa, a CIA é a “Central Intelligence Agency”. Vamos, a axencia de espionaxe yankee. :p

    Agora en serio, na ligazón de “About CIA” pódese ver que CIA empezou coma un IRC Bot que seguía os cambios do respositorio do proxecto PicoGUI e que o 23 de maio de 2003 Lalo Martins empezou a chamarlle “CIA”.


Categories

Calendario

Agosto 2006
M T W T F S S
« Xul   Set »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
3K2 theme by Hakan Aydin