A fala é galego?

Estes días andan enfrontados a Vicepresidenza da Xunta e a Junta de Extremadura.
O motivo? Todo ven da petición do BNG á Xunta para que tomara “medidas e políticas concretas” para a defensa do galego nas zonas de fora de Galiza (Asturias, Zamora e Cáceres) onde se fale.
O resultado? Un comunicado da Junta de Extremadura onde se califica á medida coma “delirio imperialista de los nacionalistas gallegos” entre outras lindezas. Argumenta que a fala non é galego senón un “dialecto derivado del tronco común del galaico portugués, con adherencias asturleonesas”.

O tema é… é galego a fala ou non? A verdade é que non teño nin idea e o mellor para estes casos é tirar de internet.

Atopei un documento moi interesante no que se fala sobre a orixe da fala. Trátanse 5 libros e cada autor ten unha postura distinta sobre a procedenza da fala. Así, danse 3 posibles procedencias: galego, portugués ou astur-leonés.
No artigo da wikipedia sobre a fala (versión en castelán xa que na wikipedia en galego non atopei artigo sobre a fala) dise que todo ven da repoboación nos séculos XII e XIII da zona na mal chamada reconquista. (Nota: no século XII é cando se considera que queda formado o galego)
Nesa mesma entrada da wikipedia hai unha ligazón a unha entrevista con Domingo Frades (poeta que escribe en fala e membro da Real Academia Galega (RAG)). Algunhas frases:

Somos extremeños porque nacemos naquela parte pero lingüísticamente non nos senta mal que nos digan que somos galegos senón quenos aparece ben.

Ás institucións non lles temos pedido nada tampouco pero tamén nos gustaría que sepan que existe un galego fóra de Galicia igual que existe por Asturias, León ou Zamora. Que sepan que extremadura hai un recuncho, aínda que sexa vinte mill hectáreas onde hai xente que fala galego e que está orgullosa de ter esa ascendencia e esa lingua.

A miña opinión persoal? Non sei 🙂 Non son lingüista, pero polo pouco que lin nas ligazóns deste post saco en claro:

  • A fala leva 8 séculos separada do galego
  • O galego que levaron á zona foi un galego moi primitivo
  • O galego evolucionou máis por ter una masa de falantes maior
  • A fala estivo influída polo portugués por estar pegado á fronteira con Portugal

Dende logo, a postura que máis me impresionou foi a de Domingo Frades como testimuña de primeira man.


Categories

Calendario

Abril 2006
M T W T F S S
    Mai »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
3K2 theme by Hakan Aydin