F1-Live.com informa de que en varios periódicos deportivos italianos se está a anunciar que a carreira deportiva de Michael Schumacher está chegando á súa fin. Moi interesante, algo totalmente inesperado. Pola miña parte, aquí algúns anuncios propios:

  1. A carreira deportiva de Fernando Alonso está chegando á súa fin.
  2. A carreira deportiva de Pedro de la Rosa está chegando á súa fin.
  3. A carreira deportiva de Kimi Raikkonen está chegando á súa fin.
  4. A carreira deportiva de Robert Kubica está chegando á súa fin.
  5. Etc.

Pola outra banda, o final da carreira deportiva na Fórmula 1 de Lewis Hamilton aínda non é certa, haberá que esperar a que debute.

PostData: Penso que a Carta de Utiliación de F1-LIVE.COM me permite por a ligazón e dicir o que din… De non ser así, que me denuncien por segui-los principios orixinais da Internet de libre compartición de información eliminarei a entrada, pedindo perdór polos danos causados e alegando ignorancia sobre a xerga legal.


7 Responses to “A carreira deportiva de Fernando Alonso está chegando á súa fin”

  1. 1 Dan

    Non vexo moi axeitado o título da entrada, paréceme comercial; usando o nome de Alonso tal como fai Telecinco para atraer audiencia…

    De todas formas, a carreira mediática de Alonso sí podría estar chegando á súa fin. Moito do seu éxito básase no apoio que lle deu Telecinco no principio sustentado polo patronicio da casa Renault do F-1 na canle de televisión. Se segue Renault có patrocinio ¿seguirán falando con tanto aínco de Alonso? ¿Pasará Mercedes a patrocinar a F-1? ¿Ligarase, no caso de Alonso, a carreira mediática á carreira deportiva? ¿Qué futuro lle espera a De La Rosa?

    E, falando de Alonso, unha web: http://antialonso.blogia.com/ (atención ás caricaturas de Lobato)

  2. 2 Xosé Otero

    Non o fixen por atraer.. que cousa? 😀 Simplemente porque agora mesmo é o segundo piloto en activo con mellor palmarés (penso que está por diante de Villeneuve).

    Sobre a carreira mediática: A que te refires con “… o seu éxito básase no apoio que lle deu Telecinco”?
    Fagamos memoria. Quen transmitía a F1 cando Alonso debutou (Minardi)? Se alguén basa o seu éxito no apoio do outro é Telecinco. Telecinco empezou dar a F1 cando viu que había un español e que podería ter audiencia o mundial. Ata a chegada de Alonso, en España a F1 era un deporte moi minoritario.

    Como anécdota: hai anos Telecinco deu durante 3-4 anos o Giro de Italia? Pouco despois de parar de ir Indurain deixárano de dar.

  3. 3 Dan

    “… o seu éxito básase no apoio que lle deu Telecinco” : Telecinco deu polo cú con Alonso, a AlonsoManía, Magic Alonso, o Diario de Alonso, etc etc… Vendeu moi ben ‘o producto’ y agora as audiencias respaldan ás transmisións. A AlonsoManía son sangue, entra…

  4. 4 Xosé Otero

    Telecinco o que quere ó “vender o producto” é gañar audiencia. Dende cando unha televisión privada é una ONG?
    É como dicir que a Sexta o que intenta comprando os dereiros do mundial de fútbol, baloncesto e a liga é respaldar ó deporte español; o que intenta é gañar mercado cun producto gañador: o deporte.

    Resumindo: Alonso é un campeón do mundo dun deporte de élite. Telecinco é quen vive del, non ó revés.

  5. 5 néstor

    Dende o meu punto de vista, Telecinco ten audiencia cá F1, aparte de Fernando Alonso(Que é o centro das retransmisións), senón tamén polo formato, compre recordar cando daban a F1 na RTVE, as retranmisións eran penosas, a horas pouco axeitadas en incluso había veces que nin as daban e habendo españois na parrilla. E certo que hai veces que o Alonsiño e mailo calvo resultan empalagosos pero polo menos vemos as carreiras completas incluso as roldas de prensa.

  6. 6 Xosé Otero

    Tes razón, o formato está ben, pero se a F1 chegou a unha cantidade de xente maior foi grazas a ter a un español con posibilidades de gañar carreiras.
    Seguindo co exemplo de Indurain: canta xente seguiu a ve-lo ciclismo despois da súa retirada? O formato segue a se-lo mesmo.

  7. 7 Néstor

    Certo, estoy vai por rachas, peor no caso concreto da F1, esteña ou no esteña Alonso, eu vou seguir afeccionado a F1, ainda que a cadena que teña os dereitos maltrate este espectáculo.


Categories

Calendario

Agosto 2006
M T W T F S S
« Xul   Set »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
3K2 theme by Hakan Aydin