Forbes contra a GPLv3

gnuOnte publicouse en Forbes un artigo titulado “The Problem With St. Ignucius” no que se critica a próxima versión da GPL afirmando que vai dana-lo movemento do software libre (Forbes con movemento refírese ás empresas que fan negocio co software libre, non á comunidade).

O artigo divide o mundo do software libre entre os pragmáticos, coma Linus Torvalds e as empresas que apoian o software libre, e os extremistas, liderados por Richard Stallman. Quérese facer ver que Stallman está só, que é un tolo que vai contra o sentido común da maioría. Isto é falso, non está só nin moito menos. Non está só nin nos seus plantexamentos nin no proceso de redacción da próxima versión da GPL.

Detrás do ataque persoal a Stallman atópase un ataque masivo á comunidade do software libre. Déixase ler entre liñas que os desenvolvedores de software libre adoptarán a GPLv3 como seguidores incondicionais seguindo ó seu mesías. Haberá programadores que adopten a nova versión e outros que non, cada un decidirá.

O software libre non é un movimento técnico, é un movimento político/ético no que o principal é a liberdade do usuario, polo que tanto a loita contra as patentes de software como contra o DRM (Digital Rights Management, Xestión de Dereitos Dixitais) teñen que ser partes imprescindibles da nova versión da GPL.

Vía GNUticias.


Categories

Calendario

Setembro 2006
M T W T F S S
« Ago   Out »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin