Espectacular e moi emotivo o partido que se xogou hoxe para homenaxea-lo Súper Dépor no ano en que se celebran os cen anos de existencia do Deportivo. Aínda que se pedía a homenaxe ós xogadores míticos ó se retirar, mereceu moito a pena a espera para facer unha homenaxe por todo o alto. Unha mágoa que estes partidos só se poidan dar en momentos tan especiais.

Foi moi bonito volver ver a Bebeto golear, facendo os dous goles do Súper Dépor, a Djalminha facendo unha cola de vaca con cano a Fran ou a un impresionante Cholo de 62 anos corre-la banda e facendo dous centros á área.

Unha pena que algúns xogadores coma Mauro Silva, Alfredo ou Djukic non poideran asistir.

Este partido foi recorda-los partidos nos que todo estaba por vir, pero sabendo que algo importante viría. Recordar aqueles momentos de bágoas e ledicia. Queda un moi bo sabor de boca daqueles tempos: a inocencia de pensar que con merecer algo xa se tiña que obter.


2 Responses to “Súper Dépor 2 – 4 Deportivo Veteranos”

  1. 1 mendinho

    A min encantábame o Superdépor de Arsenio porque era un grande equipo feito con xente moi currante que viña rebotada doutros clubes (Aldana, Claudio, Salinas, Donato, Alfredo…). Aínda me lembro cando Gil dixera que Donato xa non estaba xa para xogar ao fútbol, xusto cando o vendeu ao Deportivo, e mira ti, os mellores anos deunos no Deportivo.

  2. 2 webmaster

    SORTEO DE 20 ENTRADAS PARA VER VALENCIA – DEPOR DE LA LIGA INDOOR

    http://veteranosdeldepor.com/index.php/new/deporvalencia/

    Un saludo

    Webmaster Veteranosd del depor.


Categories

Calendario

Setembro 2006
M T W T F S S
« Ago   Out »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin