Citas sobre a programación

Xa hai algún tempo, aparecía en de mares, portos e portas unha ligazón a unha listaxe de citas sobre programación. As citas están en inglés, e como non todos entenden esa lingua, fixen a tradución das que me pareceron máis interesantes ou divertidas. A tradución de seguro que non é perfecta, pero éche ata onde chega o meu inglés e mailos meus dicionarios :).

Fred Brooks, Jr. dixo:

Einstein argumentaba que debía de haber unha explicación simplificada da natureza, porque Deus non é caprichoso nin arbitrario. Esta crenza non forma parte da enxeñería do software.

Tom Cargill dixo:

O primeiro 90% do código explica o primeiro 90% do tempo de desenvolvemento. O restante 10% do código explica o outro 90% do tempo de desenvolvemento.

Jerry Coffin dixo:

Tentar entrar nos detalles parece un tema relixioso — practicamente todos están convencidos de que o estilo de todos agás o seu é feo e ilexible. Quitémo-lo “agás o seu” e probablemente teñan razón…

Alan Cooper dixo:

Dise que as grandes disciplinas científicas son exemplos de xigantes que se apois nas hombreiras doutros xigantes. Tamén se di que a industria do software é un exemplo de ananos que se apoian nos dedos dos pes doutros ananos.

Edsger W. Dijkstra dixo:

A simplicidade é prerequisito da confiabilidade.

É practicamente imposible ensinar un bo estilo de programación a estudiantes que tiveron unha exposición previa a Basix; coma potenciais programadores están mutilados mentalmente máis aló da esperanza de rexeneración.

A lei de Eagleson di:

Calquera código teu ó que non miraras en seis meses poderías tamén ter sido escrito por algún outro.

Albert Einstein dixo:

Dúas cousas son infinitas: o universo e a estupided humana; e non estou seguro sobre o universo

Non te preocupes polas túas dificultades nas matemáticas, asegúroche que as miñas son maiores.

Robert Firth dixo:

Unha das principais causas da caída do Imperio Romano foi que, sen coñece-lo cero, non tiñan forma de indica-la terminación exitosa dos seus programas en C.

A lei de Flon di:

Non hai agora, nin houbo, nin haberá, ningunha linguaxe de programación na que haxa a máis mínima dificultade en escribir mal código.

Jon Franklin dixo:

A simplicidade levada ó extremo convértese en eleganza.

C. A. R. Hoare dixo:

Hai dúas formas de construír un deseño de software. Unha forma é facelo tan sinxelo que non haxa obviamente ningunha deficiencia. E a outra forma é facelo tan complicado que non haxa deficiencias obvias.

Hans Hoffmann dixo:

A capacidade da simplicidade significa eliminar o innecesario de xeito que o necesario poida falar.

A lei de Hofstadter di:

Sempre leva máis tempo do que esperabas, incluso cando tomas en consideración a Lei de Hofstadter.

Brian W. Kernighan dixo:

Eliminar erros é dúas veces máis difícil que escribi-lo código en primeiro lugar. Polo tanto, se escribes código tan intelixentemente como sexa posible, non serás, por definición, suficientemente intelixente para eliminarlle os erros.

Donald Knuth dixo:

Cambiémo-la nosa atitude tradicional na construcción de programas. No lugar de imaxinar que a nosa tarefa principal é instruír ó ordenador qué facer, cencentrémonos en explicar ós seres humanos o que queremos que o ordenador faga.

A optimización prematura é a raíz de todo mal.

Ten coidado ó emprega-lo seguinte código — eu só probei que funciona, non o comprobei.

Os ordenadores son bos en seguir instruccións, pero non en le-lo teu pensamento.

Calquera inexactitude neste índice pódese explicar polo feito de que foi ordeado coa axuda dun ordenador.

TeX atopou polo menos un bug en cada un dos compiladores de Pascal no que se executou, penso, e polo menos dous en cada compilador de C.

O proceso de preparar programas para unha computadora dixital é especialmente atractivo, non só porque pode ser economicamente e cientificamente rentable, senón tamén porque pode ser unha experienza estética como compoñer poesía ou música.

Esas máquinas non teñen sentido común; aínda non aprenderon a “pensar”, e fan exactamente o que lles mandaches, nin máis nin menos. Este feito é o concepto máis difícil de entender cando un intenta por primeira vez usar un ordenador.

Steve McConnell dixo:

É difícil dabondo atopar un erro no teu código cando o estás a buscar; é incluso máis difícil cando asumiches que o teu código está sen erros.

O bo código é a súa propia documentación. Cando estás a punto de engadir un comentario, pregúntate a ti mesmo, “Como podería mellora-lo código para que este comentario non fora necesario?” Mellora o código e logo documéntao para face-lo aínda máis claro.

H. L. Mencken dixo:

Para cada problema complexo hai unha resposta que é clara, simple e equivocada.

John Ousterhout dixo:

A mellor mellora de rendimento é a transición dende o estado de non funcionamento ó estado de funcionamento.

Alan J. Perlis dixo:

Hai dúas formas de escribir programas sen erros; só a terceira funciona.

Henry Petroski dixo:

O logro máis abraiante da industria do software de ordenadores e a súa continua cancelación das constantes e escalonadas gañanzas feitas pola industria do hardware de ordenadores.

Pablo Picasso dixo:

Os ordenadores non son útiles. Eles só poden darche respostas.

Eric S. Raymond dixo:

Os programas feos son coma as pontes de suspensión feas: teñen un maior risco de se derrubar que os bonitos, porque a maneira en que os humanos (especialmente os humanos enxeñeiros) perciben a beleza está intimamente relacionada coa nosa habilidade de procesar e entende-la complexidade. Unha linguaxe que fai que sexa complicado escribir código elegante fai complicado escribir bo código.

Jon Ribbens dixo:

PHP é un demo menor perpetrado e creado por afecionados incopetentes, mentres que Perl é un grande e insidioso demo, perpretado por profesionais habilidosos pero pervertidos.

Dennis Ritchie dixo:

UNIX é simple. Tan so precisa un xenio para entende-la súa simplicidade.

Antoine de Saint-Exupery dixo:

Sabes que estás conseguido a perfeción no deseño, non cando non tes nada máis para engadir, senón cando non tes nada máis para quitar.

George Santayana dixo:

As seis fases dun proxecto:
1. Entusiasmo
2. Sesilusión
3. Pánico
4. Búsqueda do culpable
5. Castigo do inocente
6. Alabanza para os non participantes

Norm Schryer dixo:

Se o código e os comentarios non concordan, entón probablemente ámbolos dous están mal.

Henry Spencer dixo:

Se lle mintes ó compilador, tomarase a revancha.

Verity Stob dixo:

O deber principal dun manexador de excepcións é move-lo erro do colo do programador á sorprendida cara do usuario. Con tal de que teñas presente esta regra cardinal, non podes estar moi equivocado.

Leonardo da Vinci dixo:

A simplicidade é a sofisticación definitiva.

Larry Wall dixo:

A maioría de vos estades familiarizados coas virtudes dun programador. Hai tres, dende logo: folganacería, impacienza e aroganza.

Andy Warhol dixo:

Sempre din que o tempo cambia as cousas, pero realmente tes que cambialas ti mesmo.

Gerald M. Weinberg dixo:

Se os constructores construiran edificios no xeito en que os programadores escriben programas, entón o primeiro páxaro carpinteiro que chegara destruiría a civilización.

Naturalmente, nós sentimos que a xente mentalmente enferma non é a que estamos a buscar cando contratamos programadores – aínda que non hai información empírica para apoiar ou contradicir esta visión…… É apropiado entregar probas de enfermidades mentais a calquera que se presente a un traballo?

Jamie Zawinski dixo:

Algunha xente, cando se enfrontan cun problema, pensan “Xa sei, usarei expresións regulares”. Agora teñen dous problemas.

Brian Kernighan e Dennis Ritchie dixeron:

Como dixemos no prefacio á primeira edición, C “consérvase ben mentres a experienza dun con ela medra”. Cunha década máis de experienza, aínda o sentimos dese xeito.

Anónimo (sen información sobre este individuo na wikipedia) dixo:

Os programadores están nunha carreira co Universo para crear maiores e mellores programas a proba de idiotas, mentres que o Universo está tentando crear maiores e mallores idiotas. Ata o de agora o Universo está gañando.

A teoría e cando ti sabes algo, pero non funciona. A práctica é cando algo funciona, pero non sabes por que. Os programadores combinan a teoría e a práctica: nada funciona e eles non sabes por que.


2 Responses to “Citas sobre a programación”

  1. 1 Dan

    Pedazo currada!!! Hainas moi moi boas.

    Por certo, o Sr. Anónimo, aunda que no tenña reflexado na Wikipedia un artigo, en Google Imaxes si aparece o careto:

    http://images.google.es/images?q=anonimo&hl=es&btnG=B%C3%BAsqueda+de+im%C3%A1genes

    …ainda que no sei se lle será cómodo vivir con esa cara 😀

    A lei de Flon ten algo que ver ó estilo das de Murphy?

  2. 2 Xosé Otero

    Non sei se será cómodo, pero a tatuaxe debeulle doer 🙂

    A lei de Hofstadter ten máis parecido ás de Murphy, non? Aínda que as dúas son pesimistas.


Categories

Calendario

Outubro 2006
M T W T F S S
« Set   Nov »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  
3K2 theme by Hakan Aydin