Making of: O rebaño á espera do post do seu pastor

Recentemente foi publicada a entrada O rebaño á espera do post do seu pastor, unha coprodución galego-inglesa. A creación desta entrada, como é norma, estivo plagada de erros e tomas falsas.

Seguramente, o erro máis vergoñoso foi a equivocación de datas que se produciu ó comezo do proceso da escritura do guion. Aínda non está aclarado como se produciu, pero o certo é que os dous guionistas creron que a famosa data en vez de se-lo 24 de cada mes era o 25. Este erro provocou que a entrada tivese un retraso do 50% do tempo total adicado á escrita. O seguinte parágrafo é o froito deste erro:

“Botando a mirada atrás, vemos que o día 25 de cada mes é un día especial. O 25 de febreiro do 1953 naceu José María Aznar, 25 de xullo é o Día da Patria, o 25 de setembro Fernando Alonso proclámase o campión do mundo máis novo e 25 de decembro naceu Xesús.”

A data prevista para a publicación ía se-lo día 24 ás 00:01 horas, pero os productores colleron medo diante da idea de que a publicación da entrada se adiantase e a súa obra quedase totalmente descatalogada antes de saír. Finalmente, a data de publicación foi o 17, unha semana antes de previsto.

Unhas horas antes da saída á escena da entrada, o interfecto fixo esta declaración: “(19:17:09) Néstor: ei, achégase o 24, vou ter que me pór a traballar“. O pobre non sabía o que se lle viría enriba nunhas horas…


Categories

Calendario

Setembro 2006
M T W T F S S
« Ago   Out »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin