Brian May, o mítico guitarrista de Queen, comenta no seu blog que está descontento con Apple pola pobre calidade do MacBook Pro. Brian May era un usuario satisfeito con Apple polos portátiles baseados no procesador G4, pero todo cambiou cando comprou o novo MacBook Pro. Os defectos que ve co seu novo portátil son:

  1. Algúns compoñentes, como as baterías, son maiores.
  2. Imposibilidade de cambia-lo fondo das carpetas.
  3. Non se avisa cando o equipo se está quedando sen batería.
  4. Non se aprecia aumento de velocidade (copiando grandes cantidades de ficheiros ou traballando con imaxes grandes).
  5. Aumento considerable do calor.

Apple debería mimar ós usuarios como Brian May, usuarios de Apple dende sempre con perfil profesional (imaxe ou son) e sen coñecementos informáticos. Se Apple perde o seu glamour, que lle queda?

Vía OSnews.


1 Response to “Brian May (guitarrista de Queen) descontento co seu MacBook Pro”

  1. 1 bloog

Categories

Calendario

Setembro 2006
M T W T F S S
« Ago   Out »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin