Vía chuza! atopo o artigo Microsoft tenta convencer UE sobre benefícios do Windows Vista onde se di que Microsoft, como medida de presión á Unión Europea, afirma que grazas a Windows Vista se crearan “100 mil novos empregos até o final de 2007”. Si, é un farol. De ser certo, que tipo de empregos serían?

  1. Migración de versións anteriores de Windows. Está Microsoft afirmando que hai que modifica-los programas que funcionen nas versións actuais do seu sistema operativo? Sería a forma de crear realmente postos de traballo, senón, só é instalar unha nova versión do windows (o outro tipo de emprego).
  2. Instalación de novos sistemas. Atraerá Vista tanto que nada máis saír a xente tolee por telo instalado? De non ser así, xa existen actualmente empregos suficientes de instaladores de windows.

PD: estiven tentado en poñer esta entrada na categoría Humor.


3 Responses to “Windows Vista creando 100.000 empregos na Unión Europea?”

  1. 1 Dan

    Recordame á época cando me conectaba ó IRC-Hispano onde en canles tales coma #Linux había un bot publicitario de MS. Ó entrares a canle escupía ‘mavarillas’ do sistema ventanil (p.e.: Windows é máis barato a largo prazo que Linux) vía privado.

    Moita xente tolea por ter o último, en definitiva ser máis que o veciño; así que moitos se lanzarán a instalalo nada máis saia.

    Aparte este vai a ser o primeiro Windows que va a obrigar a actualizarse se se quere seguir ‘co último’ no mesmo lanzamento do sistema (directX, xogos, aplicacións); xa que non permitirá estas instalación en sistemas anteriores.

  2. 2 Xosé Otero

    Dou por feito que eses postos de traballo se centrarán en migracións de grandes compañías con centos de ordenadores. Eses equipos non precisan ningunha maravilla técnica e as especificacións de Vista precisa maravillas. Instalarlle o Vista a fulano e mingano na súa casa de seguro que non crea postos de traballo.

    Fíxate que os postos de traballo se crearían no primeiro ano (ata finais de 2007). Moitas compañías creadoras de xogos non van arriscar as súas ventas por depender do DirectX 10.

  3. 3 Néstor

    Penso que é unha táctica de MS para seguir tendo amarrada a Europa no tema do software e evitar poder perde clientes xa que MS ten volume de negocio cas licezas e demáis productos seus en Europa.


Categories

Calendario

Setembro 2006
M T W T F S S
« Ago   Out »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin