Acabo de descubrir, lendo a nova Red Galicia: selección de blogs galegos en chuza!, que existe a seleción galega de blogs. E este blog, co número 7 ás costas, está nesa seleción!

“É unha honra que o Míster contara comigo para a primeira convocatoria da seleción. Sei que é un suceso anecdótico, xa que hai outros blogs con mellores condicións técnicas e físicas. Tentarei aproveita-la experienza, exprimila ó máximo. Veño con toda a intención de aprender todo o que poida.”, dixo o blog en declaracións exclusivas a este medio.

E as primas como van?


3 Responses to “Cousas de xentiña participa na primeira seleción galega de blogs”

  1. 1 Dan

    Caracio, no debiches rendir ben na última xornada… parece que xa casi che poñen de suplente :p

    Sábese a forma de orde que teñen os blogs nesta web?

  2. 2 Xosé Otero

    Como xa comentei: “Sei que é un suceso anecdótico, xa que hai outros blogs con mellores condicións técnicas e físicas.”

    Acabo de mira-lo código HTML da páxina. Defínense dúas columnas:
    a) A columna da esquerda é a “correspondiente a los Socios”
    b) A columna da dereita é a “correspondiente a los Invitados”
    Cada vez entendo menos esta páxina, a verdade. Supoño que farán uso dalgún modelo (template) e este estará definido neses termos.

  3. 3 Xosé Otero

    Estou de antepenúltimo! Estarame presionando o adestrador para sacar o máximo rendimento?


Categories

Calendario

Setembro 2006
M T W T F S S
« Ago   Out »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin