Linus Torvalds: Unha oda á GPLv2

Vía KernelTrap chego ó e-mail An Ode to GPLv2 onde Linus Torvalds explica as avantaxes da GPLv2 fronte á GPLv3.

Linus di que a GPLv2 era boa porque era moi sinxea. Resume a GPLv2 en “You can use the end result any way you want (and if you want to use it for “bad” things, be my guest), but we ask the same exact thing of everybody – give your modifications back.”, ou o que é o mesmo pero en galego “Podes usa-lo resultado final como queiras (e se queres usa-lo para cousas “malas”, se o meu invitado), pero pedimos exactamente a mesma cousa a todo o mundo – danos as modificacións de volta.”

Este resume ten dúas imprecisións:

  1. A GPLv2 forza que se devolvan os cambios feitos só cando se distribúe o novo código. Isto fai que se un usuario emprega un programa GPLv2 modificado indirectamente, por exemplo mediante unha páxina web, o usuario non ve as avantaxes da GPLv2. A GPLv3 dispón dunha cláusula opcional para evitar isto mesmo.
  2. O usuario precisa, ademais da capacidade de le-lo código, a capacidade de modificalo. Isto vese no fenómeno chamado tivonización: TiVo emprega Linux (baixo a GPLv2), pero só funciona co binario que distribué TiVo, non cunha versión modificada polo usuario. A GPLv3 evita a Tivonización.

E isto deixando a un lado o problema das patentes e o DRM.


Categories

Calendario

Setembro 2006
M T W T F S S
« Ago   Out »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin