Vía chuza! chego a Las 20 respuestas que más utilizan los programadores cuando sus programas no funcionan. Fíxome graza recordar ter dado algunha destas respostas nos informes de erros de Python Sudoku.

Arranxar erros para un programador é unha tarefa comparable á dun detective. Primeiro hai que verifica-la existenza do fallo, atopalo dentro de todo o código, pensar en como arranxalo e finalmente aniquilalo. Durante todo este proceso tes que estar preparado para atoparte con sucesivos efectos colaterais.

Algunhas veces hai falsas alarmas, pero a inmensa maioría das veces, os usuarios fixeron todo o posible para verificar por si mesmos a valided do erro. Un exemplo de erro inexistente foi Sudoku generates illegal position onde se dicía que o programa funcionaba mal, creaba sudokus con valores non válidos. Finalmente, acabouse vendo que o usuario que enviou o informe do erro non coñecía perfectamente as regras dos sudokus.

Unha aclaración: “Na miña máquina funciona!” é o primeiro paso para a resolución dun bug oculto e o complemento a “Preciso máis información”.

En Questions configuration suxeríase a opción de visualizar sempre números en vez de letras para os valores maiores que nove. A miña resposta foi un rotundo: “Por que quieres hacer iso?“. Acabouse implementando como unha opción ó entender que as letras se podían confundir con algúns números.

En pythonsudoku.py from a cron job produciuse a típica situación onde non sabes de que carallo che están a falar. Diante da falta de información só houbo un “Na miña máquina funciona!”.

En missing pysdk.cfg and default values for pdf/printer opt dúas variables non se chegaban a declarar dependendo dos módulos instalados no sistema. Tendo en conta que nin os módulos nin as variables tiñan relación, a miña única resposta lóxia era “Pois é raro…”, definición standard dun bug ben agochado detrás de suposicións preestablecidas 🙂

O premio especial a unha carreira chea de excusas tena Installation problem onde se produciron unha serie de respostas en cadea: “Na miña máquina funciona!”, “Pero se non toquei ese módulo en meses!” e “Pois é raro…”. Este bug é o mesmo que o anterior, pero debido a un maior aporte de información puiden dar másis excusas resolvelo.


Categories

Calendario

Outubro 2006
M T W T F S S
« Set   Nov »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  
3K2 theme by Hakan Aydin