Archive for the 'Humor' Category

Programar pode resultar moi duro. Nunha primeira fase, estás no paraíso e todo parece ir perfecto. Levas algún tempo pensando en como resolver un problema pero atopaches a solución óptima, eficaz e eficiente. Cu sorriso nos beizos empezas a implementa-la solución. Todo cambia cando chegamos ó primeiro imprevisto, que sempre chega e veñen en grupo. O que pensabas que era perfecto, resulta que non tiña en conta determinados efectos colaterais. Ó principio segues co sorriso, porque os problemas empezan dende o máis pequeno ata o que che quita definitivamente o sorriso da cara.

Despois de varias horas de contra ataques, o teu estado de ánimo empeza a non se-lo máis propicio para programar. O cabreo impide que penses con claridade. E se por iso non fora dabondo, por experienza sabes que non lle podes dar un puñetazo á pantalla, nin unha patada ó ordenador, nin tan sequera un manotazo contra a mesa. Ti es o culpable, o único culpable.

É nese momento cando todo programador precisa dun amigo que o anime, que o alente a seguir adiante. É ahí onde entra en escena SLOCCount. SLOCCount é un programa moi sinxe-lo que conta as liñas de código dun proxecto e calcula tanto o tempo estimado para o seu desenvolvemento coma o seu custe. O que fai a SLOCCount tan amigable para o programador é que ten unhas fórmulas para calcular estes datos moi optimistas.

A continuación varios exemplos dos resultados obtidos ó executar SLOCCount sobre varios proxectos.

Chuzame! chuzame -

O outro día interesáronse polo código do oráculo que utilicei para face-las acertadas predicións sobre as recentes elecións xerais. Pois ben... aquí está. Está escrito en python, así que con copia-lo texto nun ficheiro (oracle.py, por exemplo) e executa-lo no intérprete de python xa teremos un oráculo plenamente funcional!

Chuzame! chuzame -

Hai tres diás publiquei a consulta ó oráculo sobre as elecións ó congreso e senado. Como pode observar todo o que queira comprobalo, o oráculo tivo un 100% de acerto. Este resultado corrobora a miña confianza neste método de adiviñación do futuro. De tal xeito que, en futuras consultas, o resultado do oráculo terá maior peso.

Vou ir desglosando as predicións do oráculo para que se poida aprecia-lo seu total acerto:

  1. As elecións, efectivamente, foron moi igualadas. Nas elecións gañaron os dous partidos maioritarios: o PSOE é o partido máis votado e o PP foi o partido que máis subiu, pero non se obtiveron maiorías absolutas.
  2. Mariano Rajoy, grazas en parte ós escaños que perderon entre outros IU, obtiu un resultado que lle garante se-lo candidato do PP a futuras elecións. En futuras elecións, Rajoy gañará as elecións e será presidente do goberno.
  3. Como se sabe que Mariano Rajoy será algún día presidente do goberno, pódese dar por feito que isto será despois dunhas futuras elecións, polo tanto, haberá máis elecións.
Chuzame! chuzame -

Por aquilo do voto útil, decidín usar un oráculo para ver por quen votar. Non é que precise votar polo cabalo gañador, o que pasa é que son 10 anos os que levo votando sempre polo perdedor :).

Os resultados das vindeiras elecións ó parlamento/senado español serán sorprendentes. Como se supuña, as elecións serán moi igualadas e ninguén sacará maioría absoluta. É por isto polo que o partido que finalmente se faga coa presidenza terá que pactar.

Ó contrario do que se está a supoñer, Zapatero non conseguirá a súa reeleción. Todo o contrario! Será Mariano Rajoy, co inesperado apoio de Gaspar LLamazares o que consega a presidenza do parlamento español. Non está claro se lle farán falla outros apoios ou cales serán.

De tódolos xeitos, o último baticinio do oráculo é enigmático. Á pregunta de "Haberá que repeti-las elecións?", o oráculo dixo que "Si, estou case seguro.". Por experienza sei que o oráculo é moi cabrón, así que, o máis seguro é que se refira a dentro de 4 anos. Por tanto, estas non serán as últimas elecións ó parlamento e senado español.

Chuzame! chuzame -

Sabes que es un porcallán cando:

  1. O ordenador empeza a apagarse aleatoriamente
  2. Despois de maldicir os drivers privativos que tes que aturar (ATI bendita!) decátaste de que o problema se atopa noutro lado
  3. Despois de limpa-lo ventilador da CPU a temperatura media da CPU baxa uns 30 grados de centígrados

Corolario: Sabes que es un porcallán cando a habitación onde tes o ordenador, despois de limpalo, pasa de ser a máis cálida da casa a ser das máis frías.

Chuzame! chuzame -



About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the Humor category.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

Agosto 2008
L M M X V S D
« Xun    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin