Archive for the 'Humor' Category
Unha anotación do blogue de BadVista deume unha idea para un pequeno xogo. A ver quen é capaz de atopa-las diferenzas entre o software libre e o software privativo. Para tal fin escóllese unha licenza distintiva e ilustrativa de cada tipo.
O preámbulo da GPL di:
As licenzas para a maioría do software e outros traballos prácticos están deseñadas para quita-la liberdade de compartir e cambia-los traballos. En contraste, a GNU General Public License intenta garanti-la túa liberdade para compartir e cambia-lo software libre --para asegurarse de que o software é libre para tódolos seus usuarios.
A licenza de software típica de Microsoft Vista di:
O software é licenciado, non vendido. Este acordo só che dá algúns dereitos para usa-lo software. Microsoft resérvase tódolos outros dereitos. A non ser que a lei aplicable che de máis dereitos a pesares desta limitación, ti podes usa-lo software só como estexa expresamente permitido por este acordo. Ó facer isto, debes conformarte con calquera limitación técnica no software que só che permita usalo de determinadas maneiras.
Veña, se é moi sinxelo... Xa non me deixan dar pistas, pero de verdade que é moi sinxelo. Tan só quedan 5 minutos e as liñas están abertas. Collemos tódalas chamadas!
chuzame - As linguas son un medio de comunicación entre persoas, por tanto, deben unilas e non afastalas. Entón, por que deberiamos seguir empregando o galego, unha lingua minoritaria, nun mundo globalizado? Calquera persoa cun pouco de razoamento lóxico, tomaría a decisión de empregar unha lingua de verdade, unha coa que se poida un entender co maior número de xente. Hai que buscar unha lingua universal.
La solución obvia para un gallego es usar el español. Esta lengua es hablada extensamente en todo el mundo. Con ella no sólo se llega a toda a España, sinó que también a la inmensa mayoría de América e incluso a buena parte de la mayor potencia mundial. Con todo, aún quedaría gran parte del planeta con la que no nos podríamos comunicar satisfactoriamente.
English is a better solution. It was used as the international language since the beginning of the 20th century. This is the language of America, the most powerfull nation on the world. Also, India, maybe the biggest nation in the mediun/long future use it. Still, English is not the language more spoken on the world.
中國是世界上更廣泛的語言發言. 中國今後將在世界最大的國家. 這是必勝的最佳語言,但是 或許最好的辦法是更自然語言文字的標誌.

Grazas a Pedro Francisco San Miguel Martínez polo seu artigo en Faro de Vigo (vía chuza!) por me da-la idea e motivación para esta anotación.
chuzame - Andando polo código fonte de SQLite atopei unha xoia (ou poida que despois de ler código calquera cousa parece graciosa). SQLite no lugar dunha das licenzas de software libre típicas ten este texto:
O autor denega o copyright (dereito de copia) a este código fonte. No lugar dun aviso legal, aquí está unha bendición:
Está nas túas mans face-lo ben e non o mal.
Está nas túas mans atopa-lo perdón para ti mesmo e perdoa-los demais.
Está nas túas mans compartir libremente, nunca tomar máis do que des.
Con todo, non chega ó bla bla bla da bla bla bla licenza do logotipo "Python Powered", esta última é bla bla bla.
chuzame -
Para empeza-lo ano, nada mellor que le-las propostas de melloras para python 3000. Python 3000 chamarase Python 3.0 cando saia (seguramente o ano que ven), unha versión que traerá cambios importantes na linguaxe xunto con incompatibilidades co código escrito para a versión actual (python 2.x). Mirando as cousas que non cambiarán, atopei esta xoia:
xose@debian:~$ python
Python 2.4.4 (#2, Oct 20 2006, 00:23:25)
[GCC 4.1.2 20061015 (prerelease) (Debian 4.1.1-16.1)] on linux2
Type "help", "copyright", "credits" or "license" for more information.
>>> from __future__ import braces
File "<stdin>", line 1
SyntaxError: not a chance
>>>
En resume, nuuuuuuuuuuuuuuunca haberá parénteses ({ ou }) en python (alomenos para separar bloques de código).
Relacionado: O Zen de python.
chuzame - Aínda que pareza mentira, o título desta anotación refírese ós compoñentes dunha purificadora de auga
Se acostumades ver como cociña Karlos Arguiñano, como os meus pais, saberedes que emprega unha xerra purificadora de auga de marca BRITA. Na listaxe de preguntas máis frecuentes da súa web podemos atopar esta xoia:
Pregunta: O meu fillo rempeu o cartucho filtrante cun martelo e comeu parte do que contía... é perigoso?
Resposta: Tódolos materiais empregados nun cartucho filtrante Brita non son tóxicos[0], teñen unha calicade alimentaria máxima e non son perigosos. Especificamos a indicación "MANTER FORA DO ALCANCE DOS NENOS" como norma de sentido común... de feito, a ninguén lle gusta comer carbós e gránulos.
[0] É un problema de tradución ó castelán, debería pór "Ningún material empregado nun cartucho filtrante Brita é tóxico". Non atopei na FAQ en inglés esta pregunta.
chuzame - 


