Política – Cousas de xentiña http://xoseotero.blogaliza.org De software libre, política e as miñas cousas. Ven, 05 Mar 2010 09:44:00 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7 A igualdade de tódolos españolitos http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/17/a-igualdade-de-todolos-espanolitos/ http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/17/a-igualdade-de-todolos-espanolitos/#comments Thu, 17 Apr 2008 13:09:57 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/17/a-igualdade-de-todolos-espanolitos/ A recente controversia co trasvase de auga do Ebro dame a oportunidade de soltar toda a demagoxia que tiña gardada dentro. Falan por ahí de que agora volven a haber dúas Españas: a España con auga e a España con sequía. E iso non pode ser, porque tódolos españolitos somos iguais. Así o di a Constitución e o sentido común.

Tódolos españolitos dispoñemos das mesmas infrastucturas e de idéntica calidade. Por exemplo, eu teño exactamente as mesmas vías de comunicación que un españolito de Ávila. Isto é posible grazas a que en 1982 se procedeu á dinamita-los montes da Galiza para deixa-lo terreo prano. Disque era máis doado apranar Galiza que meterlle alturas ó resto.

Tódolos españolitos temos o mesmo nivel de vida. Por exemplo, eu teño exactamente o mesmo poder adquisitivo que un españolito de Navarra. Isto é posible grazas a que en 1986 se aprobou o modelo comunista.

Tódolos españolitos disfrutamos da mesma climatoloxía. Por exemplo, eu teño exactamente as mesmas horas de sol e choiva que un españolito das Illas Canarias. Isto é posible grazas a que en 1979 se procedeu á instalación de lonas sobre todo o territorio patrio. Disque era máis económico quitarlle o Sol ó resto que instalar focos aquí que substituíran o Sol.

De tódolos xeitos, hai algo que non entendo. Se todos somos tan igualiños, por que os xoves dunhas Comunidades Autónomas deciden emigrar a outras?

Creo que vou a unha entrada demagóxica por ano, así que, a non ser que lle colla o gusto: ata o 2009!

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/17/a-igualdade-de-todolos-espanolitos/feed/ 3
O oráculo obtivo un 100% de acerto nas predicións electorais http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/10/o-oraculo-obtivo-un-100-de-acerto-nas-predicions-electorais/ http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/10/o-oraculo-obtivo-un-100-de-acerto-nas-predicions-electorais/#comments Mon, 10 Mar 2008 10:28:39 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/10/o-oraculo-obtivo-un-100-de-acerto-nas-predicions-electorais/ Hai tres diás publiquei a consulta ó oráculo sobre as elecións ó congreso e senado. Como pode observar todo o que queira comprobalo, o oráculo tivo un 100% de acerto. Este resultado corrobora a miña confianza neste método de adiviñación do futuro. De tal xeito que, en futuras consultas, o resultado do oráculo terá maior peso.

Vou ir desglosando as predicións do oráculo para que se poida aprecia-lo seu total acerto:

  1. As elecións, efectivamente, foron moi igualadas. Nas elecións gañaron os dous partidos maioritarios: o PSOE é o partido máis votado e o PP foi o partido que máis subiu, pero non se obtiveron maiorías absolutas.
  2. Mariano Rajoy, grazas en parte ós escaños que perderon entre outros IU, obtiu un resultado que lle garante se-lo candidato do PP a futuras elecións. En futuras elecións, Rajoy gañará as elecións e será presidente do goberno.
  3. Como se sabe que Mariano Rajoy será algún día presidente do goberno, pódese dar por feito que isto será despois dunhas futuras elecións, polo tanto, haberá máis elecións.
]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/10/o-oraculo-obtivo-un-100-de-acerto-nas-predicions-electorais/feed/ 7
Bipartidismo 2 – Democracia 0 http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/10/bipartidismo-2-0-democracia/ Mon, 10 Mar 2008 10:11:45 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/10/bipartidismo-2-0-democracia/ Esta foi a campaña electoral na que máis se ninguneou ós partidos minoritarios e como consecuencia tivo os resultados electorais máis bipartidistas da historia. Con respecto ás eleccións do 2004, a suma do PSOE e do PP aumentou en 10 escaños.

Nesta campaña electoral houbo tres grandes debates por televisión [0]. Houbo dous cara a cara entre os candidatos do PSOE e do PP, un ó principio de cada semana de campaña electoral, e un debate entre as outras 4 candidaturas con grupo propio no congreso (CiU, ER, PNV e IU), na segunda semana de campaña electoral. A diferenza de trato dos tres debates por parte dos medios foi brutal. Os dous primeiros foron esperados, publicitados e comentados ó máximo, mentres que o último ía comezar ás 24h. Con iso dise todo. O márquetin da os seus froitos, mellor dito, deunos na xornada de onte.

Pero os medios de comunicación non teñe toda a culpa. Seguramente o principal problema é que o noso sistema democrático é bipartidista dende a médula (método de Hondt). Nunha España plural, como se entende que non haxa representación proporcional no congreso? Como se xustifica a promoción dun sistema que intenta evita-la representación das minorías?

Agora enténdese mellor as palabras do Presidente en funcións “precisamos que haxa tensión“. Agora xa se sabe que quería dicir “precisamos que a xente pense no voto útil” ou “precisamos que aumente o bipartidismo“.


[0] A nivel galego houbo outro a tres bandas, pero non é comparable.

]]>
Resultados do 9M: Rajoy presidente co apoio de Llamazares http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/07/resultados-do-9m-rajoy-presidente-co-apoio-de-llamazares/ http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/07/resultados-do-9m-rajoy-presidente-co-apoio-de-llamazares/#comments Fri, 07 Mar 2008 08:13:47 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/07/resultados-do-9m-rajoy-presidente-co-apoio-de-llamazares/ Por aquilo do voto útil, decidín usar un oráculo para ver por quen votar. Non é que precise votar polo cabalo gañador, o que pasa é que son 10 anos os que levo votando sempre polo perdedor :).

Os resultados das vindeiras elecións ó parlamento/senado español serán sorprendentes. Como se supuña, as elecións serán moi igualadas e ninguén sacará maioría absoluta. É por isto polo que o partido que finalmente se faga coa presidenza terá que pactar.

Ó contrario do que se está a supoñer, Zapatero non conseguirá a súa reeleción. Todo o contrario! Será Mariano Rajoy, co inesperado apoio de Gaspar LLamazares o que consega a presidenza do parlamento español. Non está claro se lle farán falla outros apoios ou cales serán.

De tódolos xeitos, o último baticinio do oráculo é enigmático. Á pregunta de “Haberá que repeti-las elecións?”, o oráculo dixo que “Si, estou case seguro.”. Por experienza sei que o oráculo é moi cabrón, así que, o máis seguro é que se refira a dentro de 4 anos. Por tanto, estas non serán as últimas elecións ó parlamento e senado español.

O oráculo

Un oráculo é un mecanismo/aparello/persoa que resposta “si” ou “non” a preguntas directas. Os oráculos empregábanse moitísimo nos tempos pretéritos, mais dende hai moitos séculos caeron en desuso. Exemplos de pobos que se fixeron grandes grazas ós oráculos son os exipcios e os gregos.

Polo sinxelo do seu funcionamento, construír un oráculo é moi sinxelo; o único problema é “axustalo” para que funcione ben. Eu teño comprobado varias veces a súa validez se se consegue axustar correctamente o oráculo.

O procedemento

Para que se poida comproba-la fiabilidade científica das respostas do oráculo, ofrecerei o procedemento exacto que se seguiu xunto cos datos obtidos.

Escribíronse por adiantado tódalas preguntas que se lle fixeron ó oráculo. Deste xeito evítase unha posible manipulación, xa que unha resposta non condiciona a seguinte pregunta. As preguntas fixéronse secuencialmente e sen deixar separación entre elas. As respostas gardáronse para a posterior análise.

As respostas do oráculo

P: Es capaz de predeci-lo futuro?
Non o sei.
P: As túas predicións son fiables?
Si, estou case seguro.
P: Es capaz de dicir quen gañará as elecións ó parlamento/senado español do 9 de marzo do 2008?
Si, estou case seguro.

P: Gañará as elecións Zapatero?
Non, estou case seguro.
P: Gañará as elecións Rajoy?
Non o sei.
P: Gañará as elecións Llamazares?
Non o sei.
P: Gañará alguén?
Non, estou case seguro.
P: Gañarán todos?
Non o sei.

P: Conseguirá Zapatero a maioría absoluta do parlamento?
Non o sei.
P: Conseguirá Rajoy a maioría absoluta do parlamento?
Non o sei.
P: Conseguirá Llamazares a maioría absoluta do parlamento?
Non o sei.
P: Conseguirá alguén a maioría absoluta do parlamento?
Non, estou case seguro.

P: Gobernará Zapatero?
Non o sei.
P: Gobernará Rajoy?
Si, estou case seguro.
P: Gobernará Llamazares?
Si, estou case seguro.
P: Gobernará alguén?
Non o sei.

P: Haberá que repeti-las elecións?
Si, estou case seguro.

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/07/resultados-do-9m-rajoy-presidente-co-apoio-de-llamazares/feed/ 1
O que non entendo das elecións http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/05/o-que-non-entendo-das-elecions/ http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/05/o-que-non-entendo-das-elecions/#comments Wed, 05 Mar 2008 15:04:24 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/05/o-que-non-entendo-das-elecions/ Nos últimos días estanme vindo á cabeza un par de dúbidas sobre as próximas elecións ó parlamento e senado español. Supoño que non é unha problemática particular e que sucederá igual noutros sitios. Esta anotación pretende crear algo de polémica, coa intención de ver se alguén me pode explicar estas dúbidas e/ou convencerme do meu erro.

A primeira destas dúbidas refírese ó suposto anonimato do voto. Parece ser que hai 4 anos non fun votar, posto que me chegou unha carta do PSOE sobre a abscensión e o malo que é para as miñas ideas. Se o voto é anónimo, por que a abstención non o é? É evidente que durante as votacións hai que levar un rexistro da xente que xa votou, pero, que dereito teñen os partidos políticos para saber, 4 anos despois, se votei ou se deixei de votar?

A segunda dúbida refírese ó voto dos emigrantes/inmigrantes. Que dereito teñen os que viven fora do meu país en mandar sobre min? [0] É dicir, eles están a decidir sobre unha cuestión que non lles inflúe directamente. Sendo coherente, tamén estou a favor de que os inmigrante poidan votar dende o momento que xustifiquen que vaian pasar unha porcentaxe da próxima lexisdatura no país.

En resumo: Anonimato da abstención e Voto só para os afectados directamente.


[0] Atención á ironía: preocúpome porque manden sobre min con votos pero non fun votar 😉

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/05/o-que-non-entendo-das-elecions/feed/ 2
Isto do galego, que é? http://xoseotero.blogaliza.org/2007/06/09/isto-do-galego-que-e/ http://xoseotero.blogaliza.org/2007/06/09/isto-do-galego-que-e/#comments Sat, 09 Jun 2007 13:48:56 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2007/06/09/isto-do-galego-que-e/ Esta mañá Felipe Albrecht deixoume un comentario, nun correcto portugués, preguntándome en que idioma estaba este blogue. Non deixa de ser curioso, ata cómico 😀

Este blogue está escrito en galego. O galego é a lingua oficial de Galiza, nación ó norte de Portugal. O galego e o portugués son dialectos dunha mesma lingua. Por tanto, hai diferenzas entre as dúas variedades, pero mínimas. Un exemplo práctico. Eu vivo no norte de Galiza e non teño dificultade ningunha para entender o portugués do norte de Portugal. Mais, para entender o portugués do sur teño que “cambia-lo chip” ata me acostumar ó seu acento. Esta adaptación non dura máis duns cantos minutos.

Pregunta obrigada: se son a mesma lingua, por que hai tanta diferenza na escrita? Para escribir uso a normativa oficial do galego, a que me ensinaron na escola. Esta normativa caracterízase por usar as mesmas letras, signos de puntuación e regras que o castelán. É dicir, unha forma de separar artificialmente unha lingua unida oralmente. Existe outra normativa, non oficial, para a escrita do galego: os mínimos. Esta normativa caracterízase por usar a norma portuguesa, pero con diferenzas ínfimas. No 2003 fíxose unha pequena modificación á normativa oficial na que participaron lingüistas galegos e portugueses, pero o espírito da normativa segue a se-lo mesmo.

Así que, se alguén se extrañaba que puxera ligazóns á wikipedia en portugués antes que á española, xa sabe a razón 🙂

Cuestións para a miña refrexión persoal:

  1. Por que carallo uso a normativa oficial se estou tan en contra dela?
  2. Por que carallo uso as formas menos portuguesas da normativa oficial?

Artigos da wikipedia (en portugués) sobre o tema:

  1. Galaico-portugués
  2. Galego
  3. Portugués
  4. Reintegracionismo
  5. Galiza
]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2007/06/09/isto-do-galego-que-e/feed/ 5
Cidadáns de primeira e de segunda http://xoseotero.blogaliza.org/2007/04/11/cidadans-de-primeira-e-de-segunda/ http://xoseotero.blogaliza.org/2007/04/11/cidadans-de-primeira-e-de-segunda/#comments Wed, 11 Apr 2007 04:16:04 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2007/04/11/cidadans-de-primeira-e-de-segunda/ La Vanguardia faise eco dun documental emitido en Telemadrid sobre o castelán en Cataluña[0]. Este documental, ademais de falar da situación do catalán en Cataluña, adéntrase en temas políticos, pero eu nesta anotación voume centrar exclusivamente no tema lingüistico.

[gv data=”UB9DehZYEAw” width=”425″ height=”350″][/gv]

A primeira impresión que transmite ó velo é que ou está feito con moi mala idea ou ás carreiras; aínda que sen descartar as dúas posibilidades ó mesmo tempo. O certo é que a min non me deixou indiferente, supoño que o mesmo ocorre co público ó que vai destinado. A introdución do documental deixa ben claro o estilo e nivel deste:

En nuestro documental de hoy vamos a hablar de ciudadanos de primera y de segunda, pero no en función de su equipo de fútbol, sinó del idioma. No deja de ser curioso que el idioma, la lengua que utilizamos para comunicarnos, lejos de acercarnos sirva para marcar fronteras incluso dentro de nuestro propio país.

A última frase recórdame moito á búsqueda da linguaxe universal.

Dende Madrid escóitanse dous discursos:

  1. A defenda das linguas minoritarias do estado coma ben cultural (e derivado disto o culturalmente afortunados que son os bilingües).
  2. A imposición do castelán coma lingua obrigatoria do estado.

Mentres que as linguas son minoritarias non hai problema. O problema prodúcese cando esas linguas empezan a ser empregadas por unha maioría da cidadanía. Como se pretende defender este ben cultural? Dende alí non se toma ningunha medida nesta liña. Poida que a súa idea sexa abrir, co tempo, novas salas nos museos para recordar linguas xa esquecidas. Séguese gustando moito das curiosidades regionales de antano.

O problema do bilingüismo reside en que este non existe. Nun mundo ideal, un bilingüe diría as palabras impares no idioma A e as pares no idioma B (e habería enfrentamentos pola orde). Coma esta situación hipotética non se cumpre, en vez de falar de bilingüismo habería que falar de diglosia. O resultado final, a longo prazo, da diglosia acostuma se-la desaparición dunha das linguas.

Por outra banda, se os bilingües temos sorte polo feito de o ser, por que non se aplican o conto cando a xente ven aquí? Efectivamente, cidadáns de primeira e de segunda: cidadáns da metrópole e das colonias.

A miña proposta: Facer un documental sobre cidadáns de primeira e de segunda, pero non en función do seu equipo de fútbol, senón da súa intelixenza e moralidade.


[0] Vía chuza!

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2007/04/11/cidadans-de-primeira-e-de-segunda/feed/ 2
Búsqueda da lingua universal http://xoseotero.blogaliza.org/2007/03/23/busqueda-da-lingua-universal/ http://xoseotero.blogaliza.org/2007/03/23/busqueda-da-lingua-universal/#comments Fri, 23 Mar 2007 04:23:33 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2007/03/23/busqueda-da-lingua-universal/ As linguas son un medio de comunicación entre persoas, por tanto, deben unilas e non afastalas. Entón, por que deberiamos seguir empregando o galego, unha lingua minoritaria, nun mundo globalizado? Calquera persoa cun pouco de razoamento lóxico, tomaría a decisión de empregar unha lingua de verdade, unha coa que se poida un entender co maior número de xente. Hai que buscar unha lingua universal.

La solución obvia para un gallego es usar el español. Esta lengua es hablada extensamente en todo el mundo. Con ella no sólo se llega a toda a España, sinó que también a la inmensa mayoría de América e incluso a buena parte de la mayor potencia mundial. Con todo, aún quedaría gran parte del planeta con la que no nos podríamos comunicar satisfactoriamente.

English is a better solution. It was used as the international language since the beginning of the 20th century. This is the language of America, the most powerfull nation on the world. Also, India, maybe the biggest nation in the mediun/long future use it. Still, English is not the language more spoken on the world.

中國是世界上更廣泛的語言發言. 中國今後將在世界最大的國家. 這是必勝的最佳語言,但是 或許最好的辦法是更自然語言文字的標誌.

Finger


Grazas a Pedro Francisco San Miguel Martínez polo seu artigo en Faro de Vigo (vía chuza!) por me da-la idea e motivación para esta anotación.

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2007/03/23/busqueda-da-lingua-universal/feed/ 7
Problema de comunicación coa Unión Europea http://xoseotero.blogaliza.org/2007/02/27/problema-de-comunicacion-coa-union-europea/ http://xoseotero.blogaliza.org/2007/02/27/problema-de-comunicacion-coa-union-europea/#comments Tue, 27 Feb 2007 18:08:16 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2007/02/27/problema-de-comunicacion-coa-union-europea/ En toda comunicación hai un emisor e un receptor. Entre a Unión Europea e a cidadanía hai moito ruído de fondo que nos impide, ós cidadáns, enterarnos do que andan a facer. Non sei en que lado da comunicación se produce o problema, pero este existe e é moi grave.

Un caso recente: hoxe entereime de casualidade de que se ía producir no parlamento europeo unha votación sobre a criminalación das descargas de internet con copyright. Votación que nos importa a todos e que pasou bastante desapercibida.

O problema poida que estexa no destino e non na orixe. Para que están os medios de comunicación (tradicionais) estatais? Quizais deberían intentar informar menos das pelexas de patio entre PSOE e PP. Poida que prefiran informar da implantación da directiva europea, cando xa non se pode facer nada.

Menos mal que existe internet… Medio grazas ó que se ten movilizado a cidadanía para intentar loitar contra votacións do Parlamento Europeo. Como por exemplo as movilizazións contra a implantación das patentes de software en Europa.

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2007/02/27/problema-de-comunicacion-coa-union-europea/feed/ 3
Dous mil e pico: A odisea das computadoras e internet http://xoseotero.blogaliza.org/2007/01/25/dous-mil-e-pico-a-odisea-das-computadoras-e-internet/ http://xoseotero.blogaliza.org/2007/01/25/dous-mil-e-pico-a-odisea-das-computadoras-e-internet/#comments Thu, 25 Jan 2007 05:03:52 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2007/01/25/dous-mil-e-pico-a-odisea-das-computadoras-e-internet/ A principal virtude do home fronte a outras especies é a súa capacidade de adaptación. Esta característica fixo que, aínda que non sexámo-lo animal máis rápido nin o máis forte, poideramos chegar ata onde hoxe estamos.

Os ancestros do home vivían nas árbores. Só se baixaban delas para pasar dunha árbore a outra. Pero chegou un momento en que os ancestros dos home empezaron a súa evolución. Baixaron das árbores e empezaron a erguerse. Grazas a este paso conseguiron libera-las mans e empezar a facer ferramentas.

Chegado a un momento, a humanidade empezou a domesticar animais. Deste xeito conseguía obter comida dun xeito máis sinxelo, xa que tiña a comida a man e non a tiña que ir cazar. Outras das consecuencias da domesticación de animais foi que o home descubreu os medios de transporte. Montándose nun cabalo podía percorrer distancias máis longas e rápido do que nunca antes poidera facer. A evolución dos medios de tramsporte chegou ata os nosos días, con vehículos que nos permiten saír do planeta.

Existen infinitos exemplos da nosa capacidade de adaptación ós medios. A capacidade de facer e empregar ferramentas é o que nos distinguiu do resto dos animais. Esta capacidade foi o que nos permitiu adaptarnos a entornos que non nos eran favorables e dominalos. Agora ben, que pasa cando alguén decide que temos que deixar de aproveitarnos da nosa característica definitoria?

No século pasado, coa creación das primeiras computadoras, o home conseguiu unha ferramenta que lle permitía, por un lado, facer cálculos dun xeito máis rápido e preciso e, por outro lado, almacenar grandes cantidades de información. Co paso das décadas, esta ferramenta foise mellorando ata permiti-lo almacenamento de distintos tipos de información: textos, fotografías, música, vídeo, etc. As computadoras permitían algo nunca visto ata o de agora: duplicar un obxeto cun custe marxinal cero.

Hai un par de décadas pensouse que sería interesante poder conectar uns ordenadores que estivesen separados por distancias longas para que poideran compartir información. Así, creouse o que hoxe coñecemos como internet. Grazas á unión das computadoras e de internet conseguiuse un xeito de duplicar información e transferi-la por todo o mundo. Este é un dos nosos maiores logros ata o momento, se é que non é o maior.

Lamentablemente, hai xente contraria á nosa natural evolución. Hai xente que prefire quitarnos a capacidade de compartir información dun xeito máis doado para o beneficio duns poucos. Esta xente defende a involución. Non é a primeira vez que involucionamos, pero unha cousa está clara: de seguro que se damos un paso para atrás na evolución, dentro de máis ou menos tempo virá outro renacemento.

É inevitable. É a nosa natureza, o que somos e como o conseguimos ser.

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2007/01/25/dous-mil-e-pico-a-odisea-das-computadoras-e-internet/feed/ 2