Archive for the 'Política' Category
Esta mañá Felipe Albrecht deixoume un comentario, nun correcto portugués, preguntándome en que idioma estaba este blogue. Non deixa de ser curioso, ata cómico
Este blogue está escrito en galego. O galego é a lingua oficial de Galiza, nación ó norte de Portugal. O galego e o portugués son dialectos dunha mesma lingua. Por tanto, hai diferenzas entre as dúas variedades, pero mínimas. Un exemplo práctico. Eu vivo no norte de Galiza e non teño dificultade ningunha para entender o portugués do norte de Portugal. Mais, para entender o portugués do sur teño que "cambia-lo chip" ata me acostumar ó seu acento. Esta adaptación non dura máis duns cantos minutos.
Pregunta obrigada: se son a mesma lingua, por que hai tanta diferenza na escrita? Para escribir uso a normativa oficial do galego, a que me ensinaron na escola. Esta normativa caracterízase por usar as mesmas letras, signos de puntuación e regras que o castelán. É dicir, unha forma de separar artificialmente unha lingua unida oralmente. Existe outra normativa, non oficial, para a escrita do galego: os mínimos. Esta normativa caracterízase por usar a norma portuguesa, pero con diferenzas ínfimas. No 2003 fíxose unha pequena modificación á normativa oficial na que participaron lingüistas galegos e portugueses, pero o espírito da normativa segue a se-lo mesmo.
chúzame - La Vanguardia faise eco dun documental emitido en Telemadrid sobre o castelán en Cataluña[0]. Este documental, ademais de falar da situación do catalán en Cataluña, adéntrase en temas políticos, pero eu nesta anotación voume centrar exclusivamente no tema lingüistico.
A primeira impresión que transmite ó velo é que ou está feito con moi mala idea ou ás carreiras; aínda que sen descartar as dúas posibilidades ó mesmo tempo. O certo é que a min non me deixou indiferente, supoño que o mesmo ocorre co público ó que vai destinado. A introdución do documental deixa ben claro o estilo e nivel deste:
En nuestro documental de hoy vamos a hablar de ciudadanos de primera y de segunda, pero no en función de su equipo de fútbol, sinó del idioma. No deja de ser curioso que el idioma, la lengua que utilizamos para comunicarnos, lejos de acercarnos sirva para marcar fronteras incluso dentro de nuestro propio país.
A última frase recórdame moito á búsqueda da linguaxe universal.
chúzame - As linguas son un medio de comunicación entre persoas, por tanto, deben unilas e non afastalas. Entón, por que deberiamos seguir empregando o galego, unha lingua minoritaria, nun mundo globalizado? Calquera persoa cun pouco de razoamento lóxico, tomaría a decisión de empregar unha lingua de verdade, unha coa que se poida un entender co maior número de xente. Hai que buscar unha lingua universal.
La solución obvia para un gallego es usar el español. Esta lengua es hablada extensamente en todo el mundo. Con ella no sólo se llega a toda a España, sinó que también a la inmensa mayoría de América e incluso a buena parte de la mayor potencia mundial. Con todo, aún quedaría gran parte del planeta con la que no nos podríamos comunicar satisfactoriamente.
English is a better solution. It was used as the international language since the beginning of the 20th century. This is the language of America, the most powerfull nation on the world. Also, India, maybe the biggest nation in the mediun/long future use it. Still, English is not the language more spoken on the world.
中國是世界上更廣泛的語言發言. 中國今後將在世界最大的國家. 這是必勝的最佳語言,但是 或許最好的辦法是更自然語言文字的標誌.

Grazas a Pedro Francisco San Miguel Martínez polo seu artigo en Faro de Vigo (vía chuza!) por me da-la idea e motivación para esta anotación.
chúzame - En toda comunicación hai un emisor e un receptor. Entre a Unión Europea e a cidadanía hai moito ruído de fondo que nos impide, ós cidadáns, enterarnos do que andan a facer. Non sei en que lado da comunicación se produce o problema, pero este existe e é moi grave.
Un caso recente: hoxe entereime de casualidade de que se ía producir no parlamento europeo unha votación sobre a criminalación das descargas de internet con copyright. Votación que nos importa a todos e que pasou bastante desapercibida.
O problema poida que estexa no destino e non na orixe. Para que están os medios de comunicación (tradicionais) estatais? Quizais deberían intentar informar menos das pelexas de patio entre PSOE e PP. Poida que prefiran informar da implantación da directiva europea, cando xa non se pode facer nada.
Menos mal que existe internet... Medio grazas ó que se ten movilizado a cidadanía para intentar loitar contra votacións do Parlamento Europeo. Como por exemplo as movilizazións contra a implantación das patentes de software en Europa.
chúzame - Dous mil e pico: A odisea das computadoras e internet
2 Comments Published xaneiro 25th, 2007 in Política, SoftwareA principal virtude do home fronte a outras especies é a súa capacidade de adaptación. Esta característica fixo que, aínda que non sexámo-lo animal máis rápido nin o máis forte, poideramos chegar ata onde hoxe estamos.
Os ancestros do home vivían nas árbores. Só se baixaban delas para pasar dunha árbore a outra. Pero chegou un momento en que os ancestros dos home empezaron a súa evolución. Baixaron das árbores e empezaron a erguerse. Grazas a este paso conseguiron libera-las mans e empezar a facer ferramentas.
Chegado a un momento, a humanidade empezou a domesticar animais. Deste xeito conseguía obter comida dun xeito máis sinxelo, xa que tiña a comida a man e non a tiña que ir cazar. Outras das consecuencias da domesticación de animais foi que o home descubreu os medios de transporte. Montándose nun cabalo podía percorrer distancias máis longas e rápido do que nunca antes poidera facer. A evolución dos medios de tramsporte chegou ata os nosos días, con vehículos que nos permiten saír do planeta.
Existen infinitos exemplos da nosa capacidade de adaptación ós medios. A capacidade de facer e empregar ferramentas é o que nos distinguiu do resto dos animais. Esta capacidade foi o que nos permitiu adaptarnos a entornos que non nos eran favorables e dominalos. Agora ben, que pasa cando alguén decide que temos que deixar de aproveitarnos da nosa característica definitoria?
No século pasado, coa creación das primeiras computadoras, o home conseguiu unha ferramenta que lle permitía, por un lado, facer cálculos dun xeito máis rápido e preciso e, por outro lado, almacenar grandes cantidades de información. Co paso das décadas, esta ferramenta foise mellorando ata permiti-lo almacenamento de distintos tipos de información: textos, fotografías, música, vídeo, etc. As computadoras permitían algo nunca visto ata o de agora: duplicar un obxeto cun custe marxinal cero.
Hai un par de décadas pensouse que sería interesante poder conectar uns ordenadores que estivesen separados por distancias longas para que poideran compartir información. Así, creouse o que hoxe coñecemos como internet. Grazas á unión das computadoras e de internet conseguiuse un xeito de duplicar información e transferi-la por todo o mundo. Este é un dos nosos maiores logros ata o momento, se é que non é o maior.
Lamentablemente, hai xente contraria á nosa natural evolución. Hai xente que prefire quitarnos a capacidade de compartir información dun xeito máis doado para o beneficio duns poucos. Esta xente defende a involución. Non é a primeira vez que involucionamos, pero unha cousa está clara: de seguro que se damos un paso para atrás na evolución, dentro de máis ou menos tempo virá outro renacemento.
É inevitable. É a nosa natureza, o que somos e como o conseguimos ser.
chúzame - 


