Archive for the 'Programación' Category
Programar pode resultar moi duro. Nunha primeira fase, estás no paraíso e todo parece ir perfecto. Levas algún tempo pensando en como resolver un problema pero atopaches a solución óptima, eficaz e eficiente. Cu sorriso nos beizos empezas a implementa-la solución. Todo cambia cando chegamos ó primeiro imprevisto, que sempre chega e veñen en grupo. O que pensabas que era perfecto, resulta que non tiña en conta determinados efectos colaterais. Ó principio segues co sorriso, porque os problemas empezan dende o máis pequeno ata o que che quita definitivamente o sorriso da cara.
Despois de varias horas de contra ataques, o teu estado de ánimo empeza a non se-lo máis propicio para programar. O cabreo impide que penses con claridade. E se por iso non fora dabondo, por experienza sabes que non lle podes dar un puñetazo á pantalla, nin unha patada ó ordenador, nin tan sequera un manotazo contra a mesa. Ti es o culpable, o único culpable.
É nese momento cando todo programador precisa dun amigo que o anime, que o alente a seguir adiante. É ahí onde entra en escena SLOCCount. SLOCCount é un programa moi sinxe-lo que conta as liñas de código dun proxecto e calcula tanto o tempo estimado para o seu desenvolvemento coma o seu custe. O que fai a SLOCCount tan amigable para o programador é que ten unhas fórmulas para calcular estes datos moi optimistas.
A continuación varios exemplos dos resultados obtidos ó executar SLOCCount sobre varios proxectos.
chuzame - Código fonte do oráculo
3 Comments Published Abril 14th, 2008 in As miñas cousas, HowTos, Humor, Programación, Software LibreO outro día interesáronse polo código do oráculo que utilicei para face-las acertadas predicións sobre as recentes elecións xerais. Pois ben... aquí está. Está escrito en python, así que con copia-lo texto nun ficheiro (oracle.py, por exemplo) e executa-lo no intérprete de python xa teremos un oráculo plenamente funcional!
chuzame - Simple World 1.0a3
1 Comment Published Xaneiro 28th, 2008 in Programación, Simple World, Software Libre
Acabo de publicar Simple World 1.0a3. Esta é a última versión alpha de Simple World. Con esta versión, toda a funcionalidade da especificación 1.0 está implementada. Isto quere dicir que:
- Os bichos pódense codificar.
- Os bichos interactúan co mundo.
- Os bichos podem pór ovos.
- O código dos ovos pode mutar.
O código fonte pódese descargar dende as seguintes ligazóns:
O seguinte paso será publicar un par de versións betas. Nestas betas, en principio, non se engadirá nova funcionalidade, só corrección de erros e novos bichos. Isto quere dicir que a versión 1.0 será un uso un tanto áspero posto que non terá interface gráfica. Isto terá que esperar para futuras versións.
chuzame - Simple World 1.0a2
0 Comments Published Decembro 10th, 2007 in Programación, Simple World, Software Libre
Simple World 1.0a2 acaba de ser publicado. Segue sendo unha versión alpha, polo que a estabilidade do código é relativa e aínda non está implementada toda a funcionalidade. Incluso a especificación cambiou un pouco. Despois desta versión, teño previsto publicar unha terceira versión alpha, unha ou dúas betas, e por fin a versión final.
O código fonte pódese descargar dende:
As principais novidades nesta versión son:
- Os bichos morren se comezan unha ación pero non teñen enerxía suficiente para facela.
- A interrupción TimerInterrupt envíase a tódolos bichos vivos canda 64 ciclos.
- O evento Attack envíase ós bichos atacados.
- Implementáronse as accións eat e attack.
Esta versión permite que se produzan as primeiras batallas entres os bichos. Poden percorrer todo o mundo, obter información sobre todo aquilo que se atopan no seu camiño, atacar a outros bichos e comer comida. O único bichos presente nesta versión, brainless, pode facer todo isto.
chuzame - GNU Affero General Public License (versión 3)
0 Comments Published Novembro 20th, 2007 in Programación, Software LibreOnte publicouse a terceira versión da GNU Affero General Public License. Unha das novidades desta licenza é a compatibilidade coa GNU General Public License (versión 3), algo que a anterior versión da Affero non permitía. Os obxectivos desta licenza espóñense no seu preámbulo:
A GNU Affero General Public License é unha licenza copyleft para software e outros tipos de traballos, especialmente deseñada para asegura-la coperación coa comunidade no caso do software executado en servidores.
[...]
A licenza require que o operador do servidor de rede ofreza o código fonte da versión modificación que se estexa executando ós usuarios do servidor. Deste xeito, o uso público dunha versión modificada, nun servidor accesible públicamente, dá acceso público ó código fonte da versión modificada.
A GNU Affero General Public License pódese descargar nos seguintes formatos:
- A GNU Affero General Public License (AGPL) versión 3 en formato HTML
- A GNU Affero General Public License (AGPL) versión 3 en formato de texto plano
- A GNU Affero General Public License (AGPL) versión 3 en formato LaTeX
- A GNU Affero General Public License (AGPL) versión 3 en formato Texinfo
chuzame - 


