As miñas cousas – Cousas de xentiña http://xoseotero.blogaliza.org De software libre, política e as miñas cousas. Ven, 05 Mar 2010 09:44:00 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7 Los Angeles Lakers vs Boston Celtics http://xoseotero.blogaliza.org/2008/06/06/los-angeles-lakers-vs-boston-celtics/ http://xoseotero.blogaliza.org/2008/06/06/los-angeles-lakers-vs-boston-celtics/#comments Fri, 06 Jun 2008 00:41:34 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2008/06/06/los-angeles-lakers-vs-boston-celtics/ Nuns minutos comezará a final da NBA entre os Boston Celtics e os Los Angeles Lakers. Esta era a final soñada pola maioría dos seguidores desta competición dende o principio da competición. Este primeiro partido poderá seguirse por cuatro, pero non si se tamén se poderá ve-lo resto de partidos en aberto, aínda así, sempre podemos tirar de roja directa para ve-los por internet.

Para entender o que significa esta final só hai que mirar ós números. Xogáronse 58 tempadas da NBA dende que se fundara en 1950. Na metade delas, en 29 ocasións, o gañador foi ou os Lakers ou os Celtics. Os Celtics son o equipo con máis títulos, cun total de 16 aneis, mentres que os Lakers son os segundos con máis títulos, cun total de 13 aneis. As finals Lakers-Celtics marcaron as décadas dos 60 e dos 80, onde case tódolos se enfrontaban na final. Así a todo, dende 1988, hai 20 anos, non se producía esta final.

Os Celtics foron os favoritos dende que se anunciou que despois dun par de incorporacións estelares contarían no seu equipo co “Big Three”: Ray Allen, Paul Pierce e Kevin Garnett. Os Celtics foron moi constantes durante toda a tempada e conseguiron dominar con relativa facilidade a conferenza oeste.

Pola contra, ninguén daba un peso polos Lakers antes de comeza-la tempada. Os Lakers non realizaron ningunha fichaxase estraordinaria, máis aló dun veterano Derek Fisher. Pero grazas a un sorprendente inicio de tempada de Andrew Bynum alcanzaron o primeiro posto da conferenza leste durante varias semanas durante finais de ano e comezo de ano. Lamentablemente a mediados de xaneiro Bynum lesionouse e con esta lesión parecía que tódalas posibilidades de gaña-lo anel se esvaeceran. Todo cambiou cando en febreiro se fixeron cos servizos de Pau Gasol sen ter que se desfacer de ningunha peza importante do seu equipo. Dende a chegada do catalán, os Lakers foron o equipo que mellor xogaba e máis seguridade daba de cara ós playoffs.

As traxectorias dos dous equipos nos playoffs foi bastante diferente. Os Celtics pasaron moitos apuros para supera-las dúas primeiras eliminatorias, tendo que chegar ó séptimo partido én ámbalas dúas. Estas dúas eliminatorias conseguíronas superar grazas á avantaxa de campo, posto que só gañaron os partidos de casa. Na final de conferenza cambiou un pouco o guion. Primeiro, perderon un partido na casa e gañaron dous fora para eliminar a Detroit Pistons en seis partidos. O principal problema que sufriron os Celtics nos playoffs foi que case nunca estiveron os Big Three ó seu maior nivel ó mesmo tempo.

Os Lakers tiveron un camiño ata a final sinxelo, e só tiveron relativos problemas contra os San Antonio Spurs na final de conferenza. Chegaron á final de conferenza despois de gañar a primeira eliminatoria en 4 partidos e a segunda en 5; sen problema algún. Pero ó se enfrontaren ós San Antonio Spurs Kobe Bryant foi o único xogador que amosou un bo nivel no bando dos Lakers, co resto dos titulares por debaixo dos seus números e moi por debaixo do seu nivel de xogo normal.

E así é como chegamos ó primeiro partido da final. Uns Celtics que deslumbraron na liga regular pero que estiveron moi apagados nos playoffs e uns Lakers que amosaron que se o grupo non funciona e non sempre poden contar co mellor xogador da actualidade, Kobe Bryant. Por tanto, a priori os favoritos son os Lakers.

A miña predición? Pois… lévoo pensando bastante dende o final da semana pasada. Penso que os favoritos son os Lakers, o que non teño nada claro é o resultado. Todo depende de se Derek Fisher, Lamar Odon ou Pau Gasol van a estar ó seu mellor nivel ou non. Se no quinteno inicial dos Lakers hai un par de xogadores que acompañen en puntuación a Kobe Bryant, estou bastante convencido de que os Lakers poderían gañar en cinco partidos, un 4-1. Pero se ninguén acompaña a Kobe Bryant e os Lakers dependen totalmente del, a menos que os Big Three estexan ó seu mellor nivel, posiblemente aínda poidan gañar en sete partidos, un 4-3 nun séptimo partido en Boston de infarto. O partido de hoxe será fundamental para ver como funcionarán as pezas de ámbolos dous equipos durante toda a final.

Esperemos que a final non decepcione e que os dous equipos den un espectáculo ó nivel esperado.

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2008/06/06/los-angeles-lakers-vs-boston-celtics/feed/ 4
A igualdade de tódolos españolitos http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/17/a-igualdade-de-todolos-espanolitos/ http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/17/a-igualdade-de-todolos-espanolitos/#comments Thu, 17 Apr 2008 13:09:57 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/17/a-igualdade-de-todolos-espanolitos/ A recente controversia co trasvase de auga do Ebro dame a oportunidade de soltar toda a demagoxia que tiña gardada dentro. Falan por ahí de que agora volven a haber dúas Españas: a España con auga e a España con sequía. E iso non pode ser, porque tódolos españolitos somos iguais. Así o di a Constitución e o sentido común.

Tódolos españolitos dispoñemos das mesmas infrastucturas e de idéntica calidade. Por exemplo, eu teño exactamente as mesmas vías de comunicación que un españolito de Ávila. Isto é posible grazas a que en 1982 se procedeu á dinamita-los montes da Galiza para deixa-lo terreo prano. Disque era máis doado apranar Galiza que meterlle alturas ó resto.

Tódolos españolitos temos o mesmo nivel de vida. Por exemplo, eu teño exactamente o mesmo poder adquisitivo que un españolito de Navarra. Isto é posible grazas a que en 1986 se aprobou o modelo comunista.

Tódolos españolitos disfrutamos da mesma climatoloxía. Por exemplo, eu teño exactamente as mesmas horas de sol e choiva que un españolito das Illas Canarias. Isto é posible grazas a que en 1979 se procedeu á instalación de lonas sobre todo o territorio patrio. Disque era máis económico quitarlle o Sol ó resto que instalar focos aquí que substituíran o Sol.

De tódolos xeitos, hai algo que non entendo. Se todos somos tan igualiños, por que os xoves dunhas Comunidades Autónomas deciden emigrar a outras?

Creo que vou a unha entrada demagóxica por ano, así que, a non ser que lle colla o gusto: ata o 2009!

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/17/a-igualdade-de-todolos-espanolitos/feed/ 3
“Viva la república” e a Segunda Guerra Mundial http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/15/viva-la-republica-e-a-segunda-guerra-mundial/ http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/15/viva-la-republica-e-a-segunda-guerra-mundial/#comments Tue, 15 Apr 2008 09:02:45 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/15/viva-la-republica-e-a-segunda-guerra-mundial/ Este domingo emitiuse un falso documental chamado Viva la república no que se reconstrue a historia  española partindo do feito de que o bando republicano gañara a Guerra Civil. O documental non pretende ser moi riguroso, pero aínda así, o tema da Segunda Guerra Mundial fíxome saltar.

Segundo o documental, o exército alemán invadiu a maior parte da península, pero foron parados en Andalucía grazas á axuda do exército británico. As cousas seguiron así ata que no 42 entrou na guerra Estados Unidos e as tres forzas reconquistaron o territorio invadido polos alemáns.

Na realización do documental contaron coa colaboración dun historiador, así que, o que segue débese considerar as trapalladas dun individuo interesado pola Segunda Guerra Mundial.

Antes de nada, uns cantos datos históricos:

  1. A invación de Polonia, suceso que deu comezo á Segunda Guerra Mundial, produciuse dende o 1 de setembro ata o 6 de outubro de 1939.
  2. A batalla de Francia produciuse dende o 10 de maio ata o 22 de xuño de 1940.
  3. A evacuación de Dunquerque do exército británico da europa ocidental produciuse dende o 26 de maio ata o 4 de xuño de 1940.
  4. A batalla de Inglaterra produciuse dende o 10 de xullo ata o 31 de outubro de 1940.
  5. O ataque a Pearl Harbor, detonante para a participación dos Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial, produciuse o 7 de decembro de 1941.

Con estes datos na cabeza, teño moitas dúbidas de que o exército republicano fose capaz de aguantar unha ofensiva do exército alemán. Para empezar, as invasións previas por parte do exército alemán foron invasións rapidísimas e dubido que o exército republicano fose netamente superior ó francés ou polaco. A invasión de Polonia, na que participaron da man Alemaña e a Unión Soviética, durou 5 semanas. A invasión de Francia, unha das potenzas gañadoras da Primeira Guerra Mundial, durou 6 semanas. Por outro lado, a república viría de 3 anos de Guerra Civil, polo que tamén dubido que contara cos recursos económicos suficientes.

Tamén dubido que o exército británico poidese axudar en algo a España posto que o Reino Unido xa tiña dabondo cos problemas propios. O exército británico xa fora derrotado polo alemán durante a batalla de Francia. Unha derrota tan contundente que na retirada tiveron que deixar nas costas de Dunquerque todo o armamento do que dispoñían. E aínda é máis, moitos consideran que as dúas semanas que hai dende o final da batalla de Francia e o inicio da Batalla de Inglaterra foron decisivas para que o Reino Unido poidese gaña-la batalla.

En resumo, un documental interesante e ata divertido, pero, na miña humilde opinión, con pouco rigor histórico nalgúns puntos.

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/15/viva-la-republica-e-a-segunda-guerra-mundial/feed/ 3
Código fonte do oráculo http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/14/codigo-fonte-do-oraculo/ http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/14/codigo-fonte-do-oraculo/#comments Mon, 14 Apr 2008 18:58:04 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/14/codigo-fonte-do-oraculo/ O outro día interesáronse polo código do oráculo que utilicei para face-las acertadas predicións sobre as recentes elecións xerais. Pois ben… aquí está. Está escrito en python, así que con copia-lo texto nun ficheiro (oracle.py, por exemplo) e executa-lo no intérprete de python xa teremos un oráculo plenamente funcional!

#! /usr/bin/env python
# -*- coding: iso-8859-15 -*-

import sys
import random

def oracle(maybe, probably, sure):
        """Return the answer to a question.

        This is the Wise Oracle. It checks the Universe in the search of the
        truth.

        Arguments:
        maybe -- % for the "maybe" answer
        probably -- % for "probable" answer
        sure -- % for "sure" answer

        """
        probability = random.randint(0, 100)

        # Yes
        if probability < sure:
            return "Yes, I'm absolutly sure!"
        elif probability < probably:
            return "Yes, I'm sure."
        elif probability < maybe:
            return "Yes."

        probability = 100 - probability

        # No
        if probability < sure:
            return "No, I'm absolutly sure!"
        elif probability < probably:
            return "No, I'm sure."
        elif probability < maybe:
            return "No."

        # I don't know
        return "I don't know"

if __name__ == "__main__":
    for question in sys.argv[1:]:
        print "%s -> %s" % (question, oracle(35, 20, 5))
]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2008/04/14/codigo-fonte-do-oraculo/feed/ 3
O oráculo obtivo un 100% de acerto nas predicións electorais http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/10/o-oraculo-obtivo-un-100-de-acerto-nas-predicions-electorais/ http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/10/o-oraculo-obtivo-un-100-de-acerto-nas-predicions-electorais/#comments Mon, 10 Mar 2008 10:28:39 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/10/o-oraculo-obtivo-un-100-de-acerto-nas-predicions-electorais/ Hai tres diás publiquei a consulta ó oráculo sobre as elecións ó congreso e senado. Como pode observar todo o que queira comprobalo, o oráculo tivo un 100% de acerto. Este resultado corrobora a miña confianza neste método de adiviñación do futuro. De tal xeito que, en futuras consultas, o resultado do oráculo terá maior peso.

Vou ir desglosando as predicións do oráculo para que se poida aprecia-lo seu total acerto:

  1. As elecións, efectivamente, foron moi igualadas. Nas elecións gañaron os dous partidos maioritarios: o PSOE é o partido máis votado e o PP foi o partido que máis subiu, pero non se obtiveron maiorías absolutas.
  2. Mariano Rajoy, grazas en parte ós escaños que perderon entre outros IU, obtiu un resultado que lle garante se-lo candidato do PP a futuras elecións. En futuras elecións, Rajoy gañará as elecións e será presidente do goberno.
  3. Como se sabe que Mariano Rajoy será algún día presidente do goberno, pódese dar por feito que isto será despois dunhas futuras elecións, polo tanto, haberá máis elecións.
]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/10/o-oraculo-obtivo-un-100-de-acerto-nas-predicions-electorais/feed/ 7
O universo é plano http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/08/o-universo-e-plano/ Sat, 08 Mar 2008 16:35:41 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/08/o-universo-e-plano/ A misión do satélite WMAP deu os seus froitos. A NASA publicou onte a imaxe do primeiro universo visible[0] cunha definición nunca antes alcanzada. Xa se obteran imaxes co mesmo obxectivo, pero nunca de tanta calidade. Posiblemente, a imaxe máis bonita que se poida captar.

Universo

Nesta imaxe pódense ver que a materia non estaba uniformemente distribuída. Os puntos que tenden ó vermello son os puntos máis quentes, con máis materia, e os puntos que tenden ó azul son os máis fríos, con menos materia. Se o universo existe tal e como o coñecemos é grazas a esta distribución non uniforme. Se a materia estivese uniformemente distribuída a gravidade non a podería xuntar, polo que non existirían galaxias, estrelas, planetas, etc. A diferenza entre os puntos quentes e os puntos fríos da imaxe son 0,0002K. É dicir, a materia case que estaba uniformemente distribuída.

A WMAP, ademais, demostrou que o universo é plano. Este é un concepto que se me escapa e que me resulta moi pouco intuitivo. O caso é que o final do universo pódese saber a partires da súa forma. Que o universo sexa plano significa que se vai expandir indefinidamente. Este resultado é un pouco apocalíptico. Co tempo o universo irase apagando. Ó principio só será unha percepción: dende ningunha estrela se verá a luz de estrela algunha. Máis tarde será unha realidade: as últimas estrelas acabarán o seu combustible, hidróxeno e helio, e a materia estará tan dispersa que non se poderán crear novas estrelas. Ó final, cando todo volva a ser escuridade, coma no instante xustamente anterior á foto anterior, a materia estará tan separada que os átomos non poderán aguantar xuntos e desfaranse. En resumo: o universo ten un principio e un fin.

Star dust, all we are is star dust[1].

Máis información:


[0] Antes deste momento a materia estaba tan concentrada que os fotóns non se podían desplazar.
[1] Co “Dust in the wind” de Kansas de fondo.

]]>
Resultados do 9M: Rajoy presidente co apoio de Llamazares http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/07/resultados-do-9m-rajoy-presidente-co-apoio-de-llamazares/ http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/07/resultados-do-9m-rajoy-presidente-co-apoio-de-llamazares/#comments Fri, 07 Mar 2008 08:13:47 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/07/resultados-do-9m-rajoy-presidente-co-apoio-de-llamazares/ Por aquilo do voto útil, decidín usar un oráculo para ver por quen votar. Non é que precise votar polo cabalo gañador, o que pasa é que son 10 anos os que levo votando sempre polo perdedor :).

Os resultados das vindeiras elecións ó parlamento/senado español serán sorprendentes. Como se supuña, as elecións serán moi igualadas e ninguén sacará maioría absoluta. É por isto polo que o partido que finalmente se faga coa presidenza terá que pactar.

Ó contrario do que se está a supoñer, Zapatero non conseguirá a súa reeleción. Todo o contrario! Será Mariano Rajoy, co inesperado apoio de Gaspar LLamazares o que consega a presidenza do parlamento español. Non está claro se lle farán falla outros apoios ou cales serán.

De tódolos xeitos, o último baticinio do oráculo é enigmático. Á pregunta de “Haberá que repeti-las elecións?”, o oráculo dixo que “Si, estou case seguro.”. Por experienza sei que o oráculo é moi cabrón, así que, o máis seguro é que se refira a dentro de 4 anos. Por tanto, estas non serán as últimas elecións ó parlamento e senado español.

O oráculo

Un oráculo é un mecanismo/aparello/persoa que resposta “si” ou “non” a preguntas directas. Os oráculos empregábanse moitísimo nos tempos pretéritos, mais dende hai moitos séculos caeron en desuso. Exemplos de pobos que se fixeron grandes grazas ós oráculos son os exipcios e os gregos.

Polo sinxelo do seu funcionamento, construír un oráculo é moi sinxelo; o único problema é “axustalo” para que funcione ben. Eu teño comprobado varias veces a súa validez se se consegue axustar correctamente o oráculo.

O procedemento

Para que se poida comproba-la fiabilidade científica das respostas do oráculo, ofrecerei o procedemento exacto que se seguiu xunto cos datos obtidos.

Escribíronse por adiantado tódalas preguntas que se lle fixeron ó oráculo. Deste xeito evítase unha posible manipulación, xa que unha resposta non condiciona a seguinte pregunta. As preguntas fixéronse secuencialmente e sen deixar separación entre elas. As respostas gardáronse para a posterior análise.

As respostas do oráculo

P: Es capaz de predeci-lo futuro?
Non o sei.
P: As túas predicións son fiables?
Si, estou case seguro.
P: Es capaz de dicir quen gañará as elecións ó parlamento/senado español do 9 de marzo do 2008?
Si, estou case seguro.

P: Gañará as elecións Zapatero?
Non, estou case seguro.
P: Gañará as elecións Rajoy?
Non o sei.
P: Gañará as elecións Llamazares?
Non o sei.
P: Gañará alguén?
Non, estou case seguro.
P: Gañarán todos?
Non o sei.

P: Conseguirá Zapatero a maioría absoluta do parlamento?
Non o sei.
P: Conseguirá Rajoy a maioría absoluta do parlamento?
Non o sei.
P: Conseguirá Llamazares a maioría absoluta do parlamento?
Non o sei.
P: Conseguirá alguén a maioría absoluta do parlamento?
Non, estou case seguro.

P: Gobernará Zapatero?
Non o sei.
P: Gobernará Rajoy?
Si, estou case seguro.
P: Gobernará Llamazares?
Si, estou case seguro.
P: Gobernará alguén?
Non o sei.

P: Haberá que repeti-las elecións?
Si, estou case seguro.

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2008/03/07/resultados-do-9m-rajoy-presidente-co-apoio-de-llamazares/feed/ 1
Isto do galego, que é? http://xoseotero.blogaliza.org/2007/06/09/isto-do-galego-que-e/ http://xoseotero.blogaliza.org/2007/06/09/isto-do-galego-que-e/#comments Sat, 09 Jun 2007 13:48:56 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2007/06/09/isto-do-galego-que-e/ Esta mañá Felipe Albrecht deixoume un comentario, nun correcto portugués, preguntándome en que idioma estaba este blogue. Non deixa de ser curioso, ata cómico 😀

Este blogue está escrito en galego. O galego é a lingua oficial de Galiza, nación ó norte de Portugal. O galego e o portugués son dialectos dunha mesma lingua. Por tanto, hai diferenzas entre as dúas variedades, pero mínimas. Un exemplo práctico. Eu vivo no norte de Galiza e non teño dificultade ningunha para entender o portugués do norte de Portugal. Mais, para entender o portugués do sur teño que “cambia-lo chip” ata me acostumar ó seu acento. Esta adaptación non dura máis duns cantos minutos.

Pregunta obrigada: se son a mesma lingua, por que hai tanta diferenza na escrita? Para escribir uso a normativa oficial do galego, a que me ensinaron na escola. Esta normativa caracterízase por usar as mesmas letras, signos de puntuación e regras que o castelán. É dicir, unha forma de separar artificialmente unha lingua unida oralmente. Existe outra normativa, non oficial, para a escrita do galego: os mínimos. Esta normativa caracterízase por usar a norma portuguesa, pero con diferenzas ínfimas. No 2003 fíxose unha pequena modificación á normativa oficial na que participaron lingüistas galegos e portugueses, pero o espírito da normativa segue a se-lo mesmo.

Así que, se alguén se extrañaba que puxera ligazóns á wikipedia en portugués antes que á española, xa sabe a razón 🙂

Cuestións para a miña refrexión persoal:

  1. Por que carallo uso a normativa oficial se estou tan en contra dela?
  2. Por que carallo uso as formas menos portuguesas da normativa oficial?

Artigos da wikipedia (en portugués) sobre o tema:

  1. Galaico-portugués
  2. Galego
  3. Portugués
  4. Reintegracionismo
  5. Galiza
]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2007/06/09/isto-do-galego-que-e/feed/ 5
Prensa do corazón no software libre http://xoseotero.blogaliza.org/2007/05/05/prensa-do-corazon-no-software-libre/ http://xoseotero.blogaliza.org/2007/05/05/prensa-do-corazon-no-software-libre/#comments Fri, 04 May 2007 23:19:21 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2007/05/05/prensa-do-corazon-no-software-libre/ A xente é curiosa por natureza. Iso é bo. O problema ben cando a túa curiosidade interfire coa vida privada da xente. O que se ven en chamar prensa do corazón ou prensa rosa.

A min repúname este tipo de prensa. Pero, se ten que existir, que sexa o máis afastada de min posible. O problema é cando a prensa rosa invade as túas aficións/intereses. Por exemplo: que 3,14 me importa a min se Fernando Alonso ten moza ou non? O que me importa é a súa forma de conducir. En canto chegan as grandes masas a un tema, ven a prensa rosa detrás. É tan triste ou lamentable coma certo.

Pero estes meses evidenciei algo que pensaba imposible. Dentro do núcleo duro do movimento do software libre existía unha prensa do corazón latente! Sitios tan recoñecidos coma Slashdot ou Linux-Watch andan facendo un seguimento do xuízo de Hans Reiser.

Por que non nos podemos quedar co que nos interesa de Hans Reiser, é dicir, a súa faceta de desenvolvedor? Entendo que a nova de que o detiveran pode ser importante, porque pode significar un parón no desenvolvemento de Reiser4. Pero, para que 3,14 seguir publicando novas sobre o caso? E máis aínda, para que 3,14 publicar nada cando aínda non foi xulgado?

Hans Reiser é o creador do sistema de ficheiros Reiser. A terceira versión deste sistema de ficheiros, ReiserFS, ven de serie en tódalas distribucións de GNU/Linux. Neste momento estase traballando na cuarta versión, Reiser4, que trae moitas melloras.

Cotilleo entre dous administradores de sistemas na sala de máquinas

Tomás: Oes, enterácheste do que lle pasou a Hans Reiser?

Pedro: A quen?

Tomás: Ó creador do sistema de ficheiros ReiserFS.

Pedro: Ah, claro! Que pasou? Xa meteron o Reiser4 na rama mm de Linux?

Tomás: Non… seguen como sempre. Os desenvolvedores do kernel din que precisa un redeseño e os desenvolvedores de Reiser4 que con outros proxectos nunca foron tan restrictivos. Pero non era iso do que che estaba a falar. Non te decataches que dende hai uns meses a velocidade de desenvolvemento de Reiser4 diminuiu un pouco?

Pedro: Home, agora que o dis… Conta, conta, que é o que pasou?

Tomás: Pois que Hans Reiser está detido e a espera dun xuízo.

Pedro: Que me dis! Pero que pasou? De que o acusan?

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2007/05/05/prensa-do-corazon-no-software-libre/feed/ 2
Canto tes de nerd? http://xoseotero.blogaliza.org/2007/04/13/canto-tes-de-nerd/ http://xoseotero.blogaliza.org/2007/04/13/canto-tes-de-nerd/#comments Fri, 13 Apr 2007 05:03:08 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2007/04/13/canto-tes-de-nerd/ Pero, que é un nerd? Unha búsqueda en google devólvenos dúas boas definicións. Segundo http://teladesign.com/ma-thesis/glossary.html, un nerd é:

Un experto en computadoras por aptitude e non por simple adestramento. Normalmente home, por debaixo dos 35 anos e socialmente inepto; unha persoa cunhas habilidades tremendas para o manexo ou deseño de hardware ou software de computadoras tan só superadas polo seu amor pasional á tecnoloxía.

Segundo www.scotsmist.co.uk/glossary_n.html, un nerd é:

Un nerd é moi similiar a un geek, pero con máis RAM e un modem máis rápido. Os nerds a miúdo atopan ós geeks aburridos porque os geeks non pasan o tempo dabondo falando sobre computadoras.

Unha vez definido o significado de nerd, quen querería ser un? A dúbida ofende! 🙂

I am nerdier than 80% of all people. Are you nerdier? Click here to find out!

19% scored higher (more nerdy),
1% scored the same, and
80% scored lower (less nerdy).

What does this mean? Your nerdiness is:

High-Level Nerd. You are definitely MIT material, apply now!!!.


Visto en Pih is All.

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2007/04/13/canto-tes-de-nerd/feed/ 5