Archive for the 'As miñas cousas' Category
A misión do satélite WMAP deu os seus froitos. A NASA publicou onte a imaxe do primeiro universo visible[0] cunha definición nunca antes alcanzada. Xa se obteran imaxes co mesmo obxectivo, pero nunca de tanta calidade. Posiblemente, a imaxe máis bonita que se poida captar.

Nesta imaxe pódense ver que a materia non estaba uniformemente distribuída. Os puntos que tenden ó vermello son os puntos máis quentes, con máis materia, e os puntos que tenden ó azul son os máis fríos, con menos materia. Se o universo existe tal e como o coñecemos é grazas a esta distribución non uniforme. Se a materia estivese uniformemente distribuída a gravidade non a podería xuntar, polo que non existirían galaxias, estrelas, planetas, etc. A diferenza entre os puntos quentes e os puntos fríos da imaxe son 0,0002K. É dicir, a materia case que estaba uniformemente distribuída.
chúzame - Resultados do 9M: Rajoy presidente co apoio de Llamazares
1 Comment Published marzo 7th, 2008 in As miñas cousas, Humor, PolíticaPor aquilo do voto útil, decidín usar un oráculo para ver por quen votar. Non é que precise votar polo cabalo gañador, o que pasa é que son 10 anos os que levo votando sempre polo perdedor :).
Os resultados das vindeiras elecións ó parlamento/senado español serán sorprendentes. Como se supuña, as elecións serán moi igualadas e ninguén sacará maioría absoluta. É por isto polo que o partido que finalmente se faga coa presidenza terá que pactar.
Ó contrario do que se está a supoñer, Zapatero non conseguirá a súa reeleción. Todo o contrario! Será Mariano Rajoy, co inesperado apoio de Gaspar LLamazares o que consega a presidenza do parlamento español. Non está claro se lle farán falla outros apoios ou cales serán.
De tódolos xeitos, o último baticinio do oráculo é enigmático. Á pregunta de "Haberá que repeti-las elecións?", o oráculo dixo que "Si, estou case seguro.". Por experienza sei que o oráculo é moi cabrón, así que, o máis seguro é que se refira a dentro de 4 anos. Por tanto, estas non serán as últimas elecións ó parlamento e senado español.
chúzame - Esta mañá Felipe Albrecht deixoume un comentario, nun correcto portugués, preguntándome en que idioma estaba este blogue. Non deixa de ser curioso, ata cómico
Este blogue está escrito en galego. O galego é a lingua oficial de Galiza, nación ó norte de Portugal. O galego e o portugués son dialectos dunha mesma lingua. Por tanto, hai diferenzas entre as dúas variedades, pero mínimas. Un exemplo práctico. Eu vivo no norte de Galiza e non teño dificultade ningunha para entender o portugués do norte de Portugal. Mais, para entender o portugués do sur teño que "cambia-lo chip" ata me acostumar ó seu acento. Esta adaptación non dura máis duns cantos minutos.
Pregunta obrigada: se son a mesma lingua, por que hai tanta diferenza na escrita? Para escribir uso a normativa oficial do galego, a que me ensinaron na escola. Esta normativa caracterízase por usar as mesmas letras, signos de puntuación e regras que o castelán. É dicir, unha forma de separar artificialmente unha lingua unida oralmente. Existe outra normativa, non oficial, para a escrita do galego: os mínimos. Esta normativa caracterízase por usar a norma portuguesa, pero con diferenzas ínfimas. No 2003 fíxose unha pequena modificación á normativa oficial na que participaron lingüistas galegos e portugueses, pero o espírito da normativa segue a se-lo mesmo.
chúzame - A xente é curiosa por natureza. Iso é bo. O problema ben cando a túa curiosidade interfire coa vida privada da xente. O que se ven en chamar prensa do corazón ou prensa rosa.
A min repúname este tipo de prensa. Pero, se ten que existir, que sexa o máis afastada de min posible. O problema é cando a prensa rosa invade as túas aficións/intereses. Por exemplo: que 3,14 me importa a min se Fernando Alonso ten moza ou non? O que me importa é a súa forma de conducir. En canto chegan as grandes masas a un tema, ven a prensa rosa detrás. É tan triste ou lamentable coma certo.
Pero estes meses evidenciei algo que pensaba imposible. Dentro do núcleo duro do movimento do software libre existía unha prensa do corazón latente! Sitios tan recoñecidos coma Slashdot ou Linux-Watch andan facendo un seguimento do xuízo de Hans Reiser.
Por que non nos podemos quedar co que nos interesa de Hans Reiser, é dicir, a súa faceta de desenvolvedor? Entendo que a nova de que o detiveran pode ser importante, porque pode significar un parón no desenvolvemento de Reiser4. Pero, para que 3,14 seguir publicando novas sobre o caso? E máis aínda, para que 3,14 publicar nada cando aínda non foi xulgado?
Hans Reiser é o creador do sistema de ficheiros Reiser. A terceira versión deste sistema de ficheiros, ReiserFS, ven de serie en tódalas distribucións de GNU/Linux. Neste momento estase traballando na cuarta versión, Reiser4, que trae moitas melloras.
chúzame - Pero, que é un nerd? Unha búsqueda en google devólvenos dúas boas definicións. Segundo http://teladesign.com/ma-thesis/glossary.html, un nerd é:
Un experto en computadoras por aptitude e non por simple adestramento. Normalmente home, por debaixo dos 35 anos e socialmente inepto; unha persoa cunhas habilidades tremendas para o manexo ou deseño de hardware ou software de computadoras tan só superadas polo seu amor pasional á tecnoloxía.
Segundo www.scotsmist.co.uk/glossary_n.html, un nerd é:
Un nerd é moi similiar a un geek, pero con máis RAM e un modem máis rápido. Os nerds a miúdo atopan ós geeks aburridos porque os geeks non pasan o tempo dabondo falando sobre computadoras.
Unha vez definido o significado de nerd, quen querería ser un? A dúbida ofende!
19% scored higher (more nerdy),
1% scored the same, and
80% scored lower (less nerdy).
What does this mean? Your nerdiness is:
High-Level Nerd. You are definitely MIT material, apply now!!!.
Visto en Pih is All.
chúzame - 


