Archive for the 'Software' Category
As primeiras mutacións en Simple World
0 Comments Published Maio 12th, 2008 in Simple World, Software Libre
O obxectivo principal de Simple World é observa-la evolución dos bichos. Dende a publicación de Simple World 1.0a3, primeira versión na que se poden crear bichos, fixen un par de execucións do programa. Nas dúas execucións obtivéronse varias mutacións exitosas.
As mutacións só se producen no momento en que un bicho pon un ovo. As mutacións que terá un bicho son aleatorias e só dependen dun parámetro que controla a probabilidade de mutacións que se producen nun momento dado. É dicir, por adiantado non se pode saber se un ovo pode non sufrir ou non mutacións, e moito menos o número delas.
Despois das primeiras execucións que realicei saquei unha conclusión: as mutacións permítelle adaptarse ó medo ós bichos. Esta adaptación faise evidente cando, co tempo, tódolos bichos vivos comparten unha mesma mutación. Se tódolos bichos teñen a mesma mutación, pódese concluír que esta mutación provocou que estivesen mellor adaptados ó medio que aqueles que non a tiña. O normal é que os bichos compartan unha mutación porque teñen un ancestro común, pero podería darse o caso, moi raro, de que dous bichos sofren a mesma mutación.
Unha consecuencia da adaptación progresiva dos bichos ó medio é que se se introducen bichos orixinais, sen ningunha mutación, nun mundo con varias xeracións de bichos, os primeiros tenden a desaparecer moi rapidamente. En realidade, canto máis vello sexa o mundo, máis rápido desaparecen os bichos orixinais.
Ata o de agora fixen dúas execucións longas que acabaron en dúas ramas de mutacións que foron por camiños totalmente distintos. A continuación describirei o código orixinal de Brainless e as mutación máis exitosas, é dicir, aquelas que estiveron presentes en tódolos bichos vivos nun momento determinado.
chuzame - Acabo de ver o último FUD que lanzou Bill Gates sobre o software libre[0][1] cando falaba sobre a industria farmacéutica (tradución un tanto libre):
"Existe o free software e despois tamén existe o open source", suxire, facendo ver que Microsoft regala o seu software nos países en vías de desenvolvemento. Co open source, pola outra banda, "existe esa cousa chamada a GPL, coa que nós non estamos dacordo". O open source, di, crea unha licenza "de tal xeito que ninguén pode mellora-lo software", afirma, lamentando a oportunidade desperdiciada para o traballo e os negocios. El volve á analoxía das farmacéuticas: "Creo que se ti inventas medicamentos, deberías ser capaz de cobrar por eles", di, engadindo mentres se encolle de ombreiros: "Iso podería parecer radical".
Primeiro: Confunde, apropósito, sen dúbida, o significado de free software aproveitándose de que en inglés "free" significa "gratis" e "libre". O free software é software libre, non gratuíto. Ademais, habería que matizar a afirmación de que Microsoft regala o seu software ós países en vías de desenvolvemento. Cando unha empresa de software privativo di que regala algo, o que nos está a ofrecer é a dependencia que en canto se dispoña de capital haberá que pagar. A típica táctica do camello que pretende aumenta-lo seu mercado.
Segundo: O software libre garinte que calquera poida mellora-lo software, forma parte da definición. O que eu non podo mellorar é o software privativo, do que non dispoño o código fonte. Isto, ademais de FUD, é absurdo.
Terceiro: O software libre véndese e con el as empresas poden facer bastante diñeiro. Que llo digan a Red Hat e a tantas outras...
[0] Via Slashdot.
[1] Definición de FUD.
chuzame - Código fonte do oráculo
3 Comments Published Abril 14th, 2008 in As miñas cousas, HowTos, Humor, Programación, Software LibreO outro día interesáronse polo código do oráculo que utilicei para face-las acertadas predicións sobre as recentes elecións xerais. Pois ben... aquí está. Está escrito en python, así que con copia-lo texto nun ficheiro (oracle.py, por exemplo) e executa-lo no intérprete de python xa teremos un oráculo plenamente funcional!
chuzame -
Acabo de publicar Simple World 1.0a4. Tiña pensado que esta fose a beta 1, pero debido a que houbo máis cambios do que pensaba e que estes son incompatibles coas versións anteriores, decidín sacar unha cuarta versión alpha. Espero que agora sexa á definita...
Os cambios principais son:
- Novas instrucións para a CPU.
- Novos rexistros na CPU e renomeamento dalgún deles (sp, fp, cs).
- Cambios na base de datos.
O código fonte pódese descargar dende as seguintes ligazóns:
- Simple World 1.0a4 (formato tar.bz2)
- Simple World 1.0a4 (formato zip)
Xa me da medo dicilo... pero se non atopo nada estrano nos seguintes meses, non debería faltar moito para a primeira beta. Esta beta traerá, polo menos, un cambio na base de datos, pero teño pensado facer un programa que actualice a base de datos dunha versión para a máis nova así que non dará moitos problemas.
chuzame - From BFS to ZFS: past, present, and future of file systems
4 Comments Published Marzo 17th, 2008 in SoftwareAcabo de ler From BFS to ZFS: past, present, and future of file systems[0], un artigo, en inglés, moi interesante e entretido que merece ser recomendado. Trátanse de 8 páxinas coa historia dos sistemas de ficheiros que foron acompañando ós sistemas operativos máis importantes da historia. De cada sistema de ficheiros coméntanse as súas características diferenciadoras e as limitacións que tiñan.
O último parágrafo do artigo é un perfecto resumo do artigo:
Mentres que os sistemas de ficheiros poida que, en si, non parezan excitantes, a súa historia cóntanos a historia de como os ordenador e os sistemas operativos evolucionario cos anos. "Polas súas obras os coñeceremos" é certo tanto para as persoas coma para os sistemas de ficheiros. Coñecendo como garda o sistema un simple ficheiro, un pode chegar a vislumbrar as limitacións e aspiracións dos seus deseñadores.
[0] Vía OSNews.
chuzame - 


