Archive for the 'BadVista' Category
Análise da nota de suicidio de Microsoft (primeira parte)
2 Comments Published Xaneiro 14th, 2007 in BadVista
Esta anotación é unha tradución de Analysis of Microsoft's Suicide Note (part 1) publicado en BadVista.org polo experto en seguridade Oliver Day. O meu inglés está limitado ó inglés técnico (informática), polo que a tradución pode non ser 100% correcta, pero cando menos o espírito do texto si que quedou plasmado.
Nunha controvertida análise técnica Peter Gutmann entrou en detalle sobre o sistema operativo recentemente lanzado Windows Vista e o seu esquema (n. t.: scheme no orixinal) de proteción de contido. Unha cousa fíxose evidente para min despois de ler esta análise. Microsoft Vista está publicitado para os creadores de contido, non para os consumidores. Se Windows XP foi o intento de Microsoft de incrustra-lo navegador web no sistema operativo entón Microsoft Vista é o intento de incrustrar DRM. A tecnoloxía Digital Rights Management aplicouse literalmente a cada parte da arquitectura do sistema operativo.
chuzame -
Copio/pego/traduzo do anuncio da campaña BadVista[0]:
A Free Software Foundation (FSF) lanza hoxe BadVista.org, unha campaña con dúas metas: expoñer o dano inflixido sobre os usuarios de computadores polo novo Microsoft Windows Vista e promove-las alternativas de software libre que respetan a seguridade e dereitos de privacidade dos usuarios.
[0] Vía GNUticias.
chuzame - 


