BadVista – Cousas de xentiña http://xoseotero.blogaliza.org De software libre, política e as miñas cousas. Ven, 05 Mar 2010 09:44:00 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7 Análise da nota de suicidio de Microsoft (primeira parte) http://xoseotero.blogaliza.org/2007/01/14/analise-da-nota-de-suicidio-de-microsoft-primeira-parte/ http://xoseotero.blogaliza.org/2007/01/14/analise-da-nota-de-suicidio-de-microsoft-primeira-parte/#comments Sat, 13 Jan 2007 23:13:04 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2007/01/14/analise-da-nota-de-suicidio-de-microsoft-primeira-parte/ BadVistaEsta anotación é unha tradución de Analysis of Microsoft’s Suicide Note (part 1) publicado en BadVista.org polo experto en seguridade Oliver Day. O meu inglés está limitado ó inglés técnico (informática), polo que a tradución pode non ser 100% correcta, pero cando menos o espírito do texto si que quedou plasmado.

Nunha controvertida análise técnica Peter Gutmann entrou en detalle sobre o sistema operativo recentemente lanzado Windows Vista e o seu esquema (n. t.: scheme no orixinal) de proteción de contido. Unha cousa fíxose evidente para min despois de ler esta análise. Microsoft Vista está publicitado para os creadores de contido, non para os consumidores. Se Windows XP foi o intento de Microsoft de incrustra-lo navegador web no sistema operativo entón Microsoft Vista é o intento de incrustrar DRM. A tecnoloxía Digital Rights Management aplicouse literalmente a cada parte da arquitectura do sistema operativo.

O mercado ó que vai destinado Microsoft Vista é ós productores de contido e a filosofía que está por debaixo da experienza de usuario será moi diferente á que moitos consumidores esperan que sexa. Microsoft intentou bloquea-lo o infame “buraco analóxico” tanto como é posible pasando tódolos datos por algoritmos de encriptación. Para os que descoñezan os “custes” da encriptación, dicir que é suficientemente alto. Pasa-lo audio de alta definición e o vídeo polas rutinas de encriptación/desencriptación é un esforzo tremendo para calquera sistema dispoñible actualmente e no futuro próximo. Mesmo coa aplicación da Lei de Moore unha estimación conservadora podería emprazar ata dentro de 5 anos un sistema cun custe razonable e usable para este novo sistema de contidos. Será interesante ver como se lle dará a volta a estas restricións polos equipos de publicidade é relacións públicas (n.t.: PR no orixinal) dado que ningunha destas innovacións beneficiarán ós consumidores de ningún xeito. O traballo que se lle deu a estes equipos de publicidade e relacións públicas é o de vestir un produto deseñado con tódalas restricións que cada productor pidiu e facer que un consumidor queira compralo. Unha das frases da análise de Gutmann resúmeo perfectamente coma, “romperlle as pernas ós atletas das Olimpiadas e clasificalos segundo o rápido que poden coxear con muletas”.

No pasado cando teño ofrecido conferenzas a desenvolvedores de aplicacións web advertíaos de non confiar nunca nos datos introducidos polo usuarios. Poida que os desenvolvedores tomasen esta filosofía un pouco lonxe. Agora a totalidade do sistema operativo parece terse volto en contra do usuario. A tolerancia cero dos drivers e a regulacións do código bloquearán o sistema se algún tipo de desvío é detectado. Os chamados “bits de desvío” (n. t.: tilt bits no orixinal) sinalarán un ataque no sistema se se atopa algo fora do ordinario. Desafortunadamente estes cambios non mellorarán a seguridade do sistema xa que foron deseñados para protexer só o “contido premium” (de maior calidade ou valor). Datos médicos, números de tarxetas de crédito e outros datos privados que merecen este nivel de proteción son ignorados completamente. Como resposta á percepción dun ataque provocado pola desconfianza dalgún cambio no entorno do sistema producirase o apagado ou a baixada de rendimento do sistema.

Isto é un cambio dende versións pasadas dos sistemas operativos de Microsoft. No pasado un podía coller un disco duro dun Windows e poñelo noutro sistema distinto. O novo hardware sería detectado e os drivers aplicados sobre a marcha. Como moito un único reinicio devolvería ó usuario a un sistema preparado para ser usado. Esta capacidade de adaptación foi o que me impresionou durante os principios da nova arquitectura de Windows. Neses días Microsoft era o xusto dominador pero aínda perseguía novos clientes. O novo esquema de Windows Vista sinala para min que agotaron a adquisición de novos clientes e agora están centrados no ordeñamento do seu mercado existente (n. t.: milking ther existing market no orixinal).

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2007/01/14/analise-da-nota-de-suicidio-de-microsoft-primeira-parte/feed/ 2
BadVista.org http://xoseotero.blogaliza.org/2006/12/15/badvistaorg/ http://xoseotero.blogaliza.org/2006/12/15/badvistaorg/#comments Fri, 15 Dec 2006 21:39:42 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2006/12/15/badvistaorg/ gnuCopio/pego/traduzo do anuncio da campaña BadVista[0]:

A Free Software Foundation (FSF) lanza hoxe BadVista.org, unha campaña con dúas metas: expoñer o dano inflixido sobre os usuarios de computadores polo novo Microsoft Windows Vista e promove-las alternativas de software libre que respetan a seguridade e dereitos de privacidade dos usuarios.


[0] Vía GNUticias.

]]>
http://xoseotero.blogaliza.org/2006/12/15/badvistaorg/feed/ 3