Archive for the 'Software Libre' Category

Toca programa de testimonios: Eu era un usuario de subversion que durante moitos anos estivo moi satisfeito, ata que hai uns poucos meses coñecín git. Dende entón, de poder elexir, non volvería a tocar subversion ou calquera outro sistema de control de versións centralizado. De igual xeito que subversion supuña máis liberdade fronte a CVS, os sistemas de control de revisións distribuídos supoñen máis liberdade fronte ós centralizados. E é moi doado acostumarse ás novas liberdades.

Os sistemas de control de versións distribuídos (SCVD en adiante) libres non son novos: GNU arch comezou no 2001, bazaar, git e mercurial no 2005. O desenvolvemento de GNU arch abandonouse no 2008 debido á súa falta de competitividade co resto de alternativas libres. Por que se produciu esa explosión de SCVDs no 2005? Por un claro exemplo de porque un non se pode fiar do software privativo. BitKeeper, un SCVD privativo, durante un par de anos permitiu o uso dunha versión moi capada de forma gratuíta para o desenvolvemento de proxectos de software libres. No abril de 2005 anunciouse que este servizo gratuíto deixaríase de dar e uns días despois, no mesmo abril, anunciáronse tanto git coma mercurial. Software privativo is evil!

Se non probara antes un SCVD foi por non entender que é un SCVD, algo que penso é bastante común. Eu entendía as avantaxes que un SCVD supuña para un proxecto grande, pero non para uso persoal. A diferenza entre un sistema de control de versións centralizado e un distribuído é que no centralizado existe un respositorio (código fonte e historia dos cambios feitos) central mentres que nun sistema distribuído cada usuario ten un repositorio (aínda que hai un repositorio que fai de repositorio principal do proxecto). Os dous sistemas teñen fluxos de traballo distintos. Este novo fluxo de traballo permite facer cousas imposibles cun sistema centralizado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Simple WorldAcabo de publicar a primeira beta de Simple World -Anda cona, pero se o paisano este aínda andaba con iso...-. Só pasaron dous anos dende a anterior versión. En definitiva, o problema de quererlle chamar a algo beta en vez de alfa e tomarse en serio o que iso significa.

A novidade máis importante é que agora hai unha stdlib (biblioteca estándar) de SWL. Entre outras cousas hai implementadas varias estructuras de datos: pilas, listas, etc, un xester de memoria e un xester de interrupcións. Isto foi o que máis tempo me levou; case que 5000 liñas de código.

Outra novidade destacada é que agora se poden aceder a partes dunha palabra na vez de ter que aceder a toda a palabra. Por tanto, novas instrucións para aceder/modificar 16 (media palabra) e 8 (cuarta parte de palabra) bits.

En canto a novidades espectaculares, aínda nada. Nada de contorna gráfica; liña de comandos de toda a vida. Tampouco nada de bichiños novos. Pero, en principio agora é niso no que me poderei centrar ata a versión definitiva.

Ligazóns ó código fonte:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Python 3.0

Barry Warsaw acaba de publica-la versión 3.0 de Python. Esta versión non é unha versión máis, marca un antes e un despois. Ata o de agora a prioriedade estaba en ser compatible cara atrás. Engadíanse nova funcionalidade en cada nova versión, pero o código das versións anteriores seguía sendo válido nas novas versións. Co tempo viuse que había algúns aspectos da linguaxe que podía ser mellorada, pero non se podía mellorar porque racharía a compatibilidade coas versións anteriores. Así, dende hai bastantes anos falábase de dunha nova versión, coñecida coma Python 3000 ou py3k, que arranxaría tódolos problemas. Ó principio parecía máis un mito que outra cousa, pero hoxe esta versión mítica fíxose realidade. Cae un mito e nace unha realidade.

Durante un tempo seguirase a desenvolver dúas ramas da linguaxe. Por un lado, o desenvolvemento da rama 2.x centrarase no arranxo de erros e en facilita-la transición á nova rama. Por outro lado, o desenvolvemento da rama 3.x centrarase na inclusión de funcionalidade de nova funcionalidade, como certos aspectos que se querían introducir para a versión 3.0 pero que por falta de tempo non se puido engadir. Desto xeito, a versión a versión 2.6, engadiu as novas clases que se engadiron na versión 3.0 e que non son incompatibles coa rama 2.x. Espérase sacar, alomenos, outra nova versión da rama 2.x que engadirá a nova funcionalidade introducida na versión 3.1.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Simple WorldO obxectivo principal de Simple World é observa-la evolución dos bichos. Dende a publicación de Simple World 1.0a3, primeira versión na que se poden crear bichos, fixen un par de execucións do programa. Nas dúas execucións obtivéronse varias mutacións exitosas.

As mutacións só se producen no momento en que un bicho pon un ovo. As mutacións que terá un bicho son aleatorias e só dependen dun parámetro que controla a probabilidade de mutacións que se producen nun momento dado. É dicir, por adiantado non se pode saber se un ovo pode non sufrir ou non mutacións, e moito menos o número delas.

Despois das primeiras execucións que realicei saquei unha conclusión: as mutacións permítelle adaptarse ó medo ós bichos. Esta adaptación faise evidente cando, co tempo, tódolos bichos vivos comparten unha mesma mutación. Se tódolos bichos teñen a mesma mutación, pódese concluír que esta mutación provocou que estivesen mellor adaptados ó medio que aqueles que non a tiña. O normal é que os bichos compartan unha mutación porque teñen un ancestro común, pero podería darse o caso, moi raro, de que dous bichos sofren a mesma mutación.

Unha consecuencia da adaptación progresiva dos bichos ó medio é que se se introducen bichos orixinais, sen ningunha mutación, nun mundo con varias xeracións de bichos, os primeiros tenden a desaparecer moi rapidamente. En realidade, canto máis vello sexa o mundo, máis rápido desaparecen os bichos orixinais.

Ata o de agora fixen dúas execucións longas que acabaron en dúas ramas de mutacións que foron por camiños totalmente distintos. A continuación describirei o código orixinal de Brainless e as mutación máis exitosas, é dicir, aquelas que estiveron presentes en tódolos bichos vivos nun momento determinado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Acabo de ver o último FUD que lanzou Bill Gates sobre o software libre[0][1] cando falaba sobre a industria farmacéutica (tradución un tanto libre):

"Existe o free software e despois tamén existe o open source", suxire, facendo ver que Microsoft regala o seu software nos países en vías de desenvolvemento. Co open source, pola outra banda, "existe esa cousa chamada a GPL, coa que nós non estamos dacordo". O open source, di, crea unha licenza "de tal xeito que ninguén pode mellora-lo software", afirma, lamentando a oportunidade desperdiciada para o traballo e os negocios. El volve á analoxía das farmacéuticas: "Creo que se ti inventas medicamentos, deberías ser capaz de cobrar por eles", di, engadindo mentres se encolle de ombreiros: "Iso podería parecer radical".

Primeiro: Confunde, apropósito, sen dúbida, o significado de free software aproveitándose de que en inglés "free" significa "gratis" e "libre". O free software é software libre, non gratuíto. Ademais, habería que matizar a afirmación de que Microsoft regala o seu software ós países en vías de desenvolvemento. Cando unha empresa de software privativo di que regala algo, o que nos está a ofrecer é a dependencia que en canto se dispoña de capital haberá que pagar. A típica táctica do camello que pretende aumenta-lo seu mercado.

Segundo: O software libre garinte que calquera poida mellora-lo software, forma parte da definición. O que eu non podo mellorar é o software privativo, do que non dispoño o código fonte. Isto, ademais de FUD, é absurdo.

Terceiro: O software libre véndese e con el as empresas poden facer bastante diñeiro. Que llo digan a Red Hat e a tantas outras...


[0] Via Slashdot.
[1] Definición de FUD.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the Software Libre category.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

marzo 2010
L M M X V S D
« dec    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin